Clodio González Pérez abríu o turno de intervencións dos académicos cun repaso aos seis momentos que configuraron a persoalidade e compromiso de Fraguas. Entre eles referiuse ao seu paso polo Instituto de Pontevedra, onde eran tan poucos os alumnos do rural "que el foi sempre Antonio o da aldea". A influenza de profesores como Castelao e Losada Diéguez sería un fito que deixaría nel unha pegada indeleble. "Na Boa Vila foi onde espertou no mociño de Oureiro o interese pola terra e pola defensa dos seus, labregos e canteiros". Así, cursando o Bacharelato "xa participou nun mitin das Sociedades Agrarias" e fundou "a chamada Sociedade da Lingua para defender o galego".