O Premio Trasalba 2023 recoñece a crítica con retranca e reivindicativa de O Bichero

A Fundación Otero Pedrayo entregoulle o recoñecemento pola “súa implicación na defensa do galego e ser un referente na reivindicación”

Luis Davila: “Nunca imaxinei esto”

Redacción

A Fundación Otero Pedrayo outorgoulle onte o Premio Trasalba 2023 ao deseñador gráfico, ilustrador e viñetista Luís Davila Malvido. A comisión de goberno da Fundación considerou que “a súa implicación na defensa da nosa lingua e a proximidade social das mensaxes que formula en defensa do galego conforman o mérito dun artista chamado a converterse nun referente na reivindicación sociolingüística pola súa constante manifestación de afecto á nosa lingua e á nosa cultura”.

Onte nun acto considerado como a Festa Literaria de Trasalba, que tivo lugar no Pazo Museo Otero Pedarayo en Amoeiro, o humorista, que publica diariamente en Faro de Vigo co alcume de “O Bichero, recolleu o premio e fíxoo cunha sorpresa inesperada.

Os seus compañeiros do grupo “Vou ou non bou” acudiron á localidade ourensá para acompañar ao seu membro e tamén recoñecerlle con música toda a súa labor en favor de la lingua galega e o seu talento para, dende o humor, chegar a tódolos sectores da actualidade e sociedade e converterse nun referente: “Moza, fai coma mín e desbroza (o machismo)”. Un símbolo xa en prol da loita femenista nas manifestacións e no día a día.

Davila emocionouse co acto e deu gracias a tódolas persoas que pensaron na súa figura para o premio Trasalba. Todavía cas emocións a flor de pel, deulle gracias a “Ramonciño” (Otero Pedrayo) e reivindicou o humor gráfico como unha ferramenta de crítica para reivindicar e reflexionar sobre unha variedade moi grande de aspectos sociais, políticos, económicos e doutra índole. Tras recoller o premio do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, declarou que “nunca imaxinei recibir un premio así polo meu traballo”.

Davila 25/06/2023

Davila 25/06/2023

Despois das declaracións regaloulle a lámina do Bichero que sae no diario do Faro de Vigo do sábado, donde se ve a Ramón Otero Pedrayo e a Dora dicindo “por aí lle vén o que pinta monigotes”.

No acto tamén estiveron o humorista Carlos Blanco que fixo a “laudatio” e ademáis de Miguel Santalices, ademáis doutras autoridades e personalidades do mundo da cultura, da sociedade e dos medios de comunicación que se reunieron no salón de eventos da Fundación.

Suscríbete para seguir leyendo