ENTREVISTA

Alba Guzmán Falcón: “Para min, escribir é un método de pasatempo como pode ser Netflix”

A escritora ourensá presentou na Librería Nobel a súa primeira novela curta, despois de gañar o Premio Xuventude Crea 2021

Alba Guzmán, na biblioteca universitaria de Ourense.   | // IÑAKI OSORIO

Alba Guzmán, na biblioteca universitaria de Ourense. | // IÑAKI OSORIO / A. G. T.

Gañadora de más dunha vintena de microrrelatos e no 2021, Premio Xuventude Crea. Alba Guzmán Falcón (Ourense, 2003) presentou na Librería Nobel de Ourense a súa primeira novela, “Xoaniña de deus”. Fíxoo con humor, responsabilidade, creatividade e unha madurez impropia para a súa idade. Acompárona Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude; Javier Fraiz, periodista e escritor; e Fran Alonso, director da editorial Xerais. Todos eles gabaron a ourensá e máis a súa novela, presentandoa como “o futuro” da literatura galega.

–Moita xente na presentación do libro, moita expectación. Da vértixe a situación?

–Non esperaba que viñera nin a metade de xente que estivo, se encheu con persoas coñecidas e tamén descoñecidas. A sensación foi unha mestura de nervios e de felicidade. O balance é moi bo.

–O escritor e periodista Javier Fraiz e o director de Xerais, Fran Alonso, desfixéronse en eloxios a “Xoaniña de deus”. É unha homenaxe familiar a novela?

–Máis que unha homenaxe familiar é unha homenaxe a todo o que escribín dende que comecei, que fará catro ou cinco anos. Que non é tanto, pero no plazo da miña vida de 19 anos é moito tempo. É un tributo aos microrrelatos, que é o método que máis domino, e as historias que hai dentro de cada microrrelato que me foron contando. É coma un collage de todo o que me foron acontecendo este anos.

–O fío conductor da novela é o alzhéimer. Houbo documentación para escribir a “Xoaniña”?

–Cando comecei a historia, tiña a idea de que o alzhéimer fora a liña a seguir, enton, digamos que a investigación foi en dúas partes. Unha menos científica, para saber como empatizar cunha enfermidade e como facela chegar ao lector e eso foi a base de lecturas ou simplemente con vivencias persoais do que foi o alzhéimer na miña vida. E despois hai outra parte máis científica na que coñecín aspectos básicos con conversas con algúns médicos, psicólogos e demáis profesionais que me deron algunhas nocións sobre o que provoca o alzhéimer.

–Coñeciches a persoas con alzhéimer? Algunha vivencia en particular?

–Sí, algúns avós de amigos. Pero quizáis a vivencia máis cercana parecida a esa, foi co meu avó cando tivo unha caída que lle produciu un sangrado interno e provocoulle unha perda de memoria, perdendo a capacidade da fala e de memoria no último mes da súa vida. Foi unha demencia acelerada, que me deixou esa vivencia relacionada co alzhéimer, aínda que non fora alzhéimer.

–Falabas que na novela tamén hai amor e hai humor. Qué ten de cada unha?

–Dentro da dureza do tema, tratei que fora o máis lixeira de ler. Creo que a vida xa é bastante triste como para facer novelas tristes. Para min escribir é un pasatempo como pode ser Netflix. Pero dentro da novela hai personaxes que causan risas e para min está a historia de Fermín, que é o tío de Xoaniña, que é divertidísima. Sempre que a leo ou que a len, dinme que escachou a rir un montón. Na parte de amor, aínda que Xoaniña ten enfermedidade, tamén é unha muller que namora e que ten que redescubrir a súa historia e como acabou namorada dun home que non foi o acertado. Hai máis desamor que amor, pero hai moito amor propio que o que Xoaniña se da a si mesma.

–Desvelaches que te emocionabas cos pasaxes da Guerra Civil e esta ten relación co alzhéimer no tema da memoria. Fixeches algunha analoxía na novela?

–A verdade é que non, pero unha vez rematada a novela daste conta que fixeches moitas máis cousas sen querer. Pode ser que sí que fixera algunha, pero non conscientemente. Pode ser que porque me criei cos meus avós e me contaban cousas. Enton hai ahí esa memoria que conserva a nai de Xoaniña e relata a vida de antes e eso permanece ahí.

–Por qué Xoaniña?.

–(Risas) Ela non se chama Xoaniña sería unha cousa moi rara. Pero é Fermín, o tío de Xoaniña, o que bautiza dalgún xeito. Moito máis non podo dicir, porque o desvelo (risas), pero ela ten outro nome.

– “É fácil estar no pasado, pero é difícil estar no presente”. Entendo que no teu presente non é difícil de estar. Ou si?

–Pois é un pouco difícil, porque últimamente a xente, no ámbito da literatura, non para de decirme que son o futuro. As críticas que recibo son do futuro desta rapaza, da literatura e tal, e precisamente casi estou escapando máis do futuro que do pasado e por eso me estou mantendo no presente porque é moi gratificante todo o que está pasando. Na presentación Fran, dixo que me autovaloro moi ben e que teño moita consciencia e ambición, e eso é o que pretendo conseguir, proque non vale estancarse no presente e no cómodo que está sendo agora mesmo.

Suscríbete para seguir leyendo