Síguenos en redes sociales:

Carlos Mella recibe o premio Trasalba pola súa “entrega á causa da cultura galega”

Carlos Mella recibe o premio Trasalba pola súa “entrega á causa da cultura galega”

O economista, escritor e político Carlos Mella Villar (A Estrada, 1930) é o galardoado co Premio Trasalba de 2022, segundo anunciou onte a Fundación Otero Pedrayo no marco do Abril Oteriano, unha xornada que se desenvolveu no Liceo de Ourense –as dúas institucións aproveitaron para asinar un convenio de colaboración–, na memoria do patriarca das letras galegas, de cuxo pasamento van 46 anos. A entrega do premio terá lugar o 26 de xuño.

A comisión de goberno da fundación, por unanimidade, otorgou a Mella o premio “en recoñecemento ao seu compromiso e traxectoria vital, na que destacan a entrega á causa da cultura galega”. Na xornada abordáronse as novidades no mundo da investigación ao redor da figura e obra de Otero. Interviron os expertos Henrique Monteagudo, Xosé Manuel Salgado, Miguel Anxo Seixas e Xesús Alonso Montero.

Ademais do propio Mella estaban presentes José Eduardo López, presidente da fundación; Xavier Casares, presidente do Liceo, Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; e Luís González, o alcalde de Amoeiro.

Pulsa para ver más contenido para ti