Carlos Mella recibe o premio Trasalba pola súa “entrega á causa da cultura galega”
![Mella, terceiro pola dereita, onte, no Abril Oteriano no Liceo. | // CASANOVA](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/305b60bf-3f98-4567-985d-40af903db289_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
Mella, terceiro pola dereita, onte, no Abril Oteriano no Liceo. | // CASANOVA / Redacción
Redacción
O economista, escritor e político Carlos Mella Villar (A Estrada, 1930) é o galardoado co Premio Trasalba de 2022, segundo anunciou onte a Fundación Otero Pedrayo no marco do Abril Oteriano, unha xornada que se desenvolveu no Liceo de Ourense –as dúas institucións aproveitaron para asinar un convenio de colaboración–, na memoria do patriarca das letras galegas, de cuxo pasamento van 46 anos. A entrega do premio terá lugar o 26 de xuño.
A comisión de goberno da fundación, por unanimidade, otorgou a Mella o premio “en recoñecemento ao seu compromiso e traxectoria vital, na que destacan a entrega á causa da cultura galega”. Na xornada abordáronse as novidades no mundo da investigación ao redor da figura e obra de Otero. Interviron os expertos Henrique Monteagudo, Xosé Manuel Salgado, Miguel Anxo Seixas e Xesús Alonso Montero.
Ademais do propio Mella estaban presentes José Eduardo López, presidente da fundación; Xavier Casares, presidente do Liceo, Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; e Luís González, o alcalde de Amoeiro.
- Un joven muere en su coche embestido por un Porsche que perseguía la Policía junto a la plaza de abastos de Cangas
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- “Míchel”, un trabajador del mar que regresaba de la nécora
- Accidente mortal en Cangas
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Andrea Janeiro vuelve a España y sorprendente a todos con su cambio físico
- El detenido por el accidente mortal en Cangas, trasladado a los calabozos del cuartel de la Guardia Civil