Síguenos en redes sociales:

Lorena Conde, premiada pola súa “calidade” co Premio de Poesía Cidade de Ourense

O xurado califica a obra galardoada como “conmovedora e reivindicativa”

Lorena Conde, premiada pola súa “calidade” co Premio de Poesía Cidade de Ourense

Lorena Conde recibiu onte de mans do alcalde de Ourense, Pérez Jácome, o 36 Premio de Poesía Cidade de Ourense pola súa obra “ As puntas dá louza. Cancioneiro popular de labor”. O xurado destacou a obra gañadora por “““a súa calidade lingüística e estética coidada, así como a coherencia no discurso que soubo visibilizar a inspiración nas formas tradicionais da música tradicional e relixión, reformulándoas dunha maneira transgresora. Voz poética que amplía o imaxinario falando desde a subalternalidade, introduce na poesía galega o problema das mulleres obreiras. Coloca os coidados no centro facendo unha lectura contemporánea da dificultade da conciliación”. O premio dotado de 6.000 euros foi o mellor dun total de 26 pezas presentadas o certame.

Pulsa para ver más contenido para ti