Os oficios perdidos e aqueles artesáns que ainda os fan posible; as músicas; as tabernas de carne o espeto e os postos de doces tradicionais con arrecendo a pan de fogaza recén feito, voltaron onte a vila medieval de Vilanova dos Infantes grazas a XVI edición da Romería Etnográfica Raigame.

Esta romería que cada ano ten lugar en Vilanova dos Infantes coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, tenta ser unha posta en valor do núcleo medieval de Vilanova e potenciar ese longo percorrido pola historia.

Este ano, a romaría adicaba o seu Premio Honorífico , Adolfo Enrique, que leva o nombre do párroco de Vilanova asasinado no 2015, o Museo do Pobo Galego, con gaio do 40 aniversario desta institución. O acto de entrega tivo lugar na Praza Maior da vila e recolleu o premio María Xosé Fernández, subdirectora do Museo do Pobo Galego.

Pero este acto de homenaxe estuvo amenizado por outra formación excepcional, os Danzantes de Vilanova. Tratase dunha danza ancestral, cuxas danzantes visten roupas que remóntase a máis fonda historia dunha vila que onte foi o escenario natural perfecto, pola súa boa conservación arquitectónica para, esta Romaría Raigame declarada de Interés Turístico.

Este premio o Museo do Pobo materializouse na exposición "Un museo, miles de historias". Tamén houbo un posto atendido por socias e socios da institución, fotografías da campaña "Teño un museo" e un simposio no que interviron Xosé Carlos Sierra e Fátima Braña, patróns do MPG.

Homenaje al carro

Outra novidade desta edición foi no apartado no que se consagra ao cine etnográfico, dedicado ao cineasta celanovés Carlos Velo, no que se proxectou a curtametraxe "O carro e o home", realizada nos anos 1940 por Antonio Román sobre guión de Xaquín Lorenzo.

De feito unha das novidades foi a presencia duns artesáns ferreiros que voltaron a facer cara o público o círculo de forxa que antiguamente ia dentro do cerne da madeira da roda do carro.

"O éxito da Romería Raigame está sin duda na autenticidade; aquí non hai escenarios, son as propias rúas e os baixos das casas, que cada ano ceden durante este días os veciños, para que se coloquen postos de venta", explicaba o alcalde de Celanova, Luis Ferro.

Considera que "o tempo acompañounos este ano, non houbo temporal e conseguimos o que pretendemos desde o ano 2002, no que se puso en marcha Raigame: que sexa una festa familiar, na que veñen nenos e maiores, e de feito onte os espectáculos de teatro e títeres, ou os xogos populares contaron coa participación de nenos e maiores", explicaba o rexidor.

Como en cada festa familiar , sempre hai unha eiva, unha carencia. En Vilanova "o noso home imprescindible era o párroco falecido, que custodiaba a imaxe da Virxe do Cristal, don Adolfo, que estivo 40 anos vinculado a esta vila, e ahora a súa familia participa tamén en todos los actos de homenaxe" explica o rexidor "pero él é inesquencible".

Onte co galano dun sol engaiolante, que percurou que moitos visitantes decidiran a última hora facer os dez minutos en coche que separan por autovía Ourense de Celanova, se acercaran ata Vilanova dos Infantes, para xantar en algunha das tabernas que ofrecían dende productos propios da zona a carnes e doces chegados de outros postos artesáns de Galicia, feitos con castañas, licores .

A histórica vila ten na actualidade algo más de cen veciños, pero a súa beleza convirtea durante todo o ano en zona turística. Por iso o concello, según indicou onte o alcalde "quere recuperar un local a carón do vello torreón para reabrir un restaurante no pobo" .

Onte, a noitiña, Vilanova durmía. Será hoxe,según Luis Ferro, cando remate a recollida do "atrezzo" e volten o 2017, despois da súa fermosa viaxe anual cada 17 de maio, polo túnel do tempo.