As concelleiras ourensanas de Educación e Normalización Lingüística e o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade deVigo reafirmaron onte o seu compromiso co ensino en varias linguas,materializado a través da campaña informativa “Europa é plurilingüe Quen sabe galego, sabe máis”,que iniciou a súa andaina en varios centros de ensino da cidade.

Mediante a elaboración de textos para cadernos e dípticos explicativos, así como charlas informativas a cargo de especialistas en sociolingüística e didáctica de linguas, a Universidade deVigo proporciona o soporte científico da campaña.

“Pretendemos explicar de xeito claro as vantaxes do ensino plurilingüe”,asegura o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area,que incide en que“a educación plurilingüe refírese ao uso de dúas ou máis linguas de instrución durante algún momento do proceso educativo da poboación en idade escolar”.

Unha idea na que insistiron Ana María Garrido, concelleira de Educación e María Isabel Pérez González, concelleira de Normalización Lingüística, que valoraron a iniciativa da Universidade de Vigo “porque canto máis linguas sexamos quen de falar teremos máis cultura,máis civilización e máis liberdade”.

O Consello de Europa ve de emitir un informe no que considera “insatisfactoria” a situación do galego no ensino de Galicia.