O potencial de Galicia no sector das tecnoloxías lingüísticas
Teño para min que os galegos somos bos ou moi bos nalgunhas cousas. Mais entre elas non está nin entender ben as vantaxes da cooperación e de agregar capacidades, nin tirar todo o partido posible dos recursos propios. Hoxe voume referir ao segundo. E non vou falar da enerxía, da auga, dos alimentos de calidade ou da paisaxe. Vou falar da lingua.
Como economista, como persoa pragmática, abráiame que Galicia non sexa territorio de referencia no eixo lingüístico portugués-castelán. O lóxico sería que os nosos estudantes rematasen os seus estudos de secundaria cun título de portugués B2 ou C1; que calquera empresa que quixese aproveitar esas capacidades lingüísticas combinadas tivese a Galicia como referencia primeira. De sermos quen de dar o pulo definitivo ao ensino con lectores de fala inglesa, poderiamos facer que os nosos mozos manexasen e acreditasen coñecemento avanzado de tres das catro linguas máis importantes do Mundo. O galego é a nosa lingua; o portugués é un agasallo que vén con ela case de balde. Certo que sobre estas cuestións xa foi aprobada unha iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia, aínda que non semella que as cousas teñan mudado moito ata o de agora.
Mais as potencialidades do galego non rematan no anterior. Esta semana os profesores Senén Barro e Luis Otero presentaron un documento colectivo do Foro Económico de Galicia no que apuntan cara un novo vector. Nunha sociedade interconectada, as tecnoloxías lingüísticas, xunto coa Intelixencia Artificial (IA), xogan un papel crucial. Estas ferramentas, como recoñecemento e síntese de voz, clasificación de texto e corrección gramatical, permiten aos ordenadores comprender e xerar linguaxe natural. O impacto destas tecnoloxías é evidente en ámbitos como formación e saúde personalizadas, soporte técnico, análise de información e automatización de procesos. Todo apunta a que se vai producir un crecemento exponencial nesta década e os beneficios para as empresas, que inclúen a redución de custos e a mellora da produtividade. A cota de mercado esperada para Europa é do 20%, con España ocupando o quinto posto. Galicia supera a media nacional no emprego da IA para a análise da linguaxe escrita e falada.
Neste contexto, a lingua galega é considerada un activo estratéxico que favorece solucións específicas e promove a diversidade e inclusión na era dixital. O proxecto NOS busca potenciar o galego nos recursos tecnolóxicos coa creación de diversos recursos lingüísticos de alta calidade. A pesar do potencial, o galego precisa dun maior impulso para situarse como lingua convencional nos recursos tecnolóxicos comúns. O proxecto NOS, con oito liñas de traballo, aborda desde a síntese de voz ata o recoñecemento da fala e a tradución automática.
Os autores subliñan que o sector das tecnoloxicas lingüisticas en Galicia ten un potencial extraordinario, impulsado polo idioma propio. No entanto, é esencial concretar este potencial mediante a formación de talento especializado, colaboración coa industria local, proxectos transversais e investimentos financeiros, así como garantir acceso a recursos lingüísticos desde a Administración.
As oportunidades hai que aproveitalas.
- Una bola de luz ilumina el cielo de Galicia: "Se hizo de día en plena madrugada
- El mensaje de Rocío Carrasco a sus hijos durante la celebración de su cumpleaños: 'La toalla no se tira, se lava
- Antonio David Flores suma una nueva victoria: la decisión que podría cambiar su guerra judicial con Rocío Carrasco
- Este es el sueldo que recibirán Belén Esteban, María Patiño y el resto de colaboradores en el nuevo 'Sálvame
- Terelu y Carmen Borrego, en el punto de mira de 'Ni que fueramos
- El duro golpe judicial que ha recibido 'Sálvame' casi un año después de su cancelación: el dineral que tienen que pagar
- Un conocido escritor español carga como nunca contra 'El Hormiguero': "Un agujero negro donde se refugian insectos
- El sencillo truco para limpiar el doble cristal del horno sin tener que desmontarlo