Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

"Unión Europeísta - Europar Batasuna", 33 anos

Celebrouse o Día de Europa e deberíamos, dende Galicia, voltar a reivindicar con máis forza que nunca a "Europa dos Pobos "frente aqueles que defenden a "Europa dos Estados".

Dinos o noso irmán Castelao no Sempre en Galiza que "Galicia é unha unidade nacional perfeita e que, polo tanto, ten dereito a dispor dos seus destiños....."

Galicia foi recoñecida como nación no IX Congreso das Minorias Nacionais Europeas adscrito á Sociedade das Nacións Europeas, celebrado na cidade de Berna (Suiza) os días 16,17 e 18 de setembro do 1933 (van alá xa 87 anos); a proposta foi presentada diante da asambleia polo secretario de Relacións Internacionais do Partido Galeguista, o irmán Plácido Castro.

Por conseguinte, e como xa dixen ao comenzo deste artigo, faise máis necesario que nunca o facer valer os nosos dereitos coma pobo diferenciado dentro do conxunto dos pobos da Península Ibérica, de Europa e do Mundo.

Os problemas que nos tocou vivir no noso tempo requiren solucións axeitadas a este tempo, e só os podemos afrontar e solucionar os galegos, dende, por e para Galicia. Hoxe os galeguistas voltamos a reivindicar o mesmo que xa reivindicamos na convocatoria ás primeiras eleccións ao Parlamento Europeo, o 10 de xuño de 1987, ás que acudimos nunha coalición electoral xunto cos irmáns do Partido Nacionalista Vasco (PNV), denominada "Unión Europeísta - Europar Batasuna", e na que participaban entre outros, persoeiros da talla de Jon Gangoiti Llaguno e Luís María Bandrés Unanue polo (PNV) ou Manuel Beiras Garcia, Pedro González López ou Ramón Martinez López (PG) !lembranzas eternas agora e sempre para todos eles!

A campaña e o contido programático da coalición estaba baseada nas reivindicacións dos sectores que sustentaban por aquelas datas o texido económico de Euskadi e Galicia:

¿Que pasa en Europa coa nosa leite?, ¿que pasa en Europa co noso campo?, ¿ que pasa en Europa co noso mar?, ¿que pasa en Europa coa nosa industria?; en definitiva ¿que vai pasar en Europa coa nosa Terra?

33 anos despois daquelas primeiras eleccións ao Parlamento Europeo, seguímonos facendo as mesmas preguntas.. ¿ Que vai pasar coa Nosa Terra? A resposta e moi sinxela: Vai depender de tí, de mín, de cada un de nós!

¿Seguirán a mexar por nós e seguiremos decindo que chove? !Saúde e Terra!

Compartir el artículo

stats