Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

Cataluña, cinismo e ironía

Un dos praceres máis gratos e intensos dos debates é a IRONÍA, Eu particularmente desfruto enormemente con este sutil arte e sinceramente comparto cos grandes filósofos e mestres gregos este agudo feitizo da oratoria, mesmo que sexa na escrita, capaz de transmitir ao lector o contrario do que pensa o escritor.

Agora ben, non está de mais marcar distancias e afastarse coa precaución debida da ironía, para non caer de bruces no Cinismo, tal e como nos tempos presentes estamos a ver, un día si, e outro tamén na dialéctica, por certo mais ben pobre dos nosos políticos. Eses que van de perdoa vida, pais da patria e ada lices de non sei ben aínda, o que.

Cando falamos de que esta ou aquela persoa sonche uns cínicos, o que estamos a manifestar é que tales individuos presentan unha evidente tendencia a non crer na bondade e sinceridade do restos dos humanos, nun intricado labirinto de sarcasmo, ironía e burla todo elo mesturado. Deste xeito entendemos por cinismo a falta de vergoña, a obscenidade impúdica e carencia de prudencia de alguén a hora de defender unha postura, chegando a caer conscientemente mesmo na mentira descarada de forma indignante, por contra das posturas lóxicas e normais que condenan abertamente a postura contraria.

Iso é o que estamos a ver hoxe nun e outro bando a hora de presentar propostas e sacar vantaxes políticas dos seus argumentos espureos, no tema da rebeldía, sedición ou independencia ou dereito a decidir de Cataluña, onde vale todo.

Resulta máis que curioso que a "Escola Cínica", como non, nacera na Grecia clásica, da man dos discípulos de Sócrates, e fora usado o concepto de cinismo, para designar de maneira despectiva as persoas que manifestaban o seu desprezo pola vida material, chea de riquezas e na que a felicidade baseábase na acumulación de bens, en lugar da vida contemplativa e espiritual e en harmonía coa naturaliza, dos cínicos. Quen o diría non si?

Pola outra banda coa Ironía, ou disimulo da ignorancia, real ou simulada, damos a entender o contrario do que dicimos, ou transmitimos a primeira vista e intención.

Contan de Sir Winston Churchil, que durante un dos seus discursos no parlamento Inglés, foi interrompido vehementemente por unha deputada da oposición, que reprochoulle ao primeiro ministro as súas palabras, rematando a intervención deste xeito:

-Señor Ministro. Se vosa Excelencia fora o meu marido, eu poñería veleno no seu café. Ao que Churchil, facendo gala da súa típica flema respondeulle.

-Se Eu fora o seu marido, sen dubida, me tomaría ese café.

Eu escoitando a uns e outros non teño mais remedio que pedir un Café con Arsénico por compasión.

Compartir el artículo

stats