Coa que nos está caendo na vida diaria a os cidadáns de a pé, sae nestes últimos días na prensa que o Goberno Central está decidido a mal gastar preto de 180 millóns de euros, que finalmente pasarán de largo dos 200 millóns de euros, na ampliación da ponte de Rande.

Hai alguén que considere que é unha inversión tan necesaria para un mellor funcionamento das comunicacións entre Pontevedra e o Morrazo coa zona de Vigo ou viceversa? O problema está máis nos enlaces de entrada e saída que na mesma ponte.

Aínda non atopei a ninguén que lle faga ilusión e considere esa obra como imprescindible ou necesaria, máis ben todo o contrario, e que si se leva a cabo esperemos non dane a posteriori os pilares que suxeitan a ponte, que iso si que sería un desastre.

Xa vai sendo hora de que se invista con criterio o diñeiro público e se deixen de obras faraónicas que pouco beneficio supoñen os cidadáns. Nos mais de 30 años que ten a ponte de Rande moi poucas veces se teñen producido retencións ou atascos, mais que pola mala saída de Domaio.

Señores gobernantes, dediquen os seus esforzos e recursos públicos a crear riqueza na xente, e esta só virá da man de sentirse libres por dispor dun traballo digno, unha calidade de vida baseada na dispoñibilidade de ter recursos económicos polo menos para as necesidades básicas diarias, de sentirse útiles, realizados, con ilusión e ganas de vivir. Apoien aos emprendedores, á xente que ten gañas de saír adiante loitando por crear riqueza para si mesmos, pero que a vez vai repercutir non demais. Porque todos dependemos de todos, pero apoienos de verdade non con anuncios propagandísticos que despois non se poden cumprir. E este apoio ou axuda non consiste en dar subvencións que crean agravios entre os que as conseguen e os que non, e que tiveron ou teñen que sacar adiante co seu esforzo os seus proxectos, empresas, etc.. Faciliten a creación de emprego, apoien o financiamento dos autónomos e pequenas empresas que son a maior riqueza de un país. Recorten impostos para que todos os poidamos pagar e así sexa mais xusto e solidario e se recaudaría moito máis co menor esforzo de todos. Non despilfarren o diñeiro público e adminístreno con sentidiño. Non camiñen en sentido contrario a lóxica común, que despois pasa o que pasa: que ninguén confía en vostedes.

*Empresario e veciño de Bueu