Ártika abrimos as nosas portas en 2014 co obxectivo de achegar aos amantes da arte unha nova visión do teatro e danza. Situados na cidade de Vigo, incorporamos á nosa actividade principal cursos en constante actualización, cos cales nenos, mozos e adultos poidan achegarse ao mundo teatral e iniciar a súa formación.

Ademais dunha sala cómoda e acondicionada para o máximo confort dos asistentes, dispoñemos doutros servizos coma cantina, que funciona durante a semana en horario das clases e durante a fin de semana no horario dos espectáculos. Tamén contamos con camerinos, aseos e un ambigú con escenario para concertos e espectáculos de pequenas dimensións. As nosas instalacións están adaptadas para facilitar o acceso a cadeiras de rodas.