EL NOVIO DE ESPAÑA

de Juan Carlos Rubio

xov 25 ABR | 20.30 h

1 h 40 min | castelán | NRM 12

DIRECCIÓN

Juan Carlos Rubio

DIRECTOR MUSICAL

Julio Awad

ELENCO

Christian Escuredo, Dídac Flores, Carmen Raigón, Marta Valverde

PRODUCIÓN

TXALO, OLYMPIA METROPOLITANA, PENTACIÓN

«Que foi dos nosos exiliados? Quen puideron ou quixeron volver á súa terra? Quen non?»

Estamos no 1952, tras a Guerra Civil, os exiliados políticos non poden volver.

O recoñecido cantante vasco Luis Mariano está a rodar un musical que protagoniza canda Carmen Sevilla. Os dous teñen unha entrañable amizade que non pode converterse en amor polas preferencias sexuais del. Mais Luis está disposto a "heterosexualizar" a súa imaxe, pedíndolle á actriz casaren. Ten unha poderosa razón: os seus pais, republicanos exiliados, queren regresar ao país. E se para que Franco llo permita, ten que renunciar a si mesmo, farao. Carmen négase a participar nun matrimonio por comenencia, mais axudarao. O 18 de xullo, nunha festa de Franco, é o momento perfecto.