O humorista Joaquín Pajarón, icona na comedia asturiana contemporánea, desembarca en Vigo e Pontevedra co seu último monólogo "Aquí…Supercentrau". Un espectáculo de case dúas horas de duración cargado de situacións cotiás, experiencias vitais e reflexións sobre o mundo levadas sobre as táboas a través da hilarante narración do "showman" ovetense.

Tras o éxito de "En demasía", espectáculo co que visitou cidades como Oviedo, Madrid, Santander, Bilbao, León, Pamplona, Xixón, Pontevedra ou Zamora, Joaquín Pajarón trae a Vigo e Pontevedra a súa nova creación, "Aquí… Supercentrau», un espectáculo de humor baseado no formato "stand up comedy", no que o cómico conecta desde o minuto uno co público, para contaxiarlles risas nunha escenificación que non esquece o toque asturiano en cada detalle.