[CONTRAPRODUCIÓNS, TEATRO ROMEA, HISTRIÓN TEATRO. ENCARO FACTORY]

Autoría: Emilia Pardo Bazán

Dirección e adaptación: Cándido Pazó

Escenografía: Dani Trillo

Deseño de son e música: Manuel Riveiro

Deseño de iluminación: Afonso Castro

Vestiario: Martina Cambeiro

Elenco artístico: Tamara Canosa, Susana Dans, Iolanda Muíños, Isabel Naveira, Berta Ojea, Ana Santos e Ledicia Sola

No centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo Bazán, Contraproducións presenta unha relectura dunha das obras máis interesantes da autora: A Tribuna. A muller, o amor e os prexuízos de clase son os temas ao redor dos que xira esta relectura, facendo fincapé no ambiente e primeiras loitas femininas das traballadoras da fábrica de Tabacos da Coruña. E todo isto cun trasfondo

político onde se asiste ao ocaso dos Borbóns e á atribulada proclamación da I República.