A Fundación Laxeiro presenta unha nova proposta expositiva da coñecida Colección permanente, que muda o percorrido cronolóxico das obras, por unha disposición máis intuitiva, que combina estilos, linguaxes, xéneros e cronoloxía, ademais de incorporar documentación relativa á traxectoria artística de Laxeiro, unha liña de vida e unha sinalética renovada en galego, castelán e inglés.

Ademais, ás sesenta e catro obras que conforman a Colección permanente, engádense cinco pezas depositadas por propietarios particulares, que contribúen a completar a visión da obra e a traxectoria dun dos artistas galegos máis decisivos do século XX.

Consulta el catálogo completo en este enlace.

  • Fundación Laxeiro (Policarpo Sanz, 15): De lunes a viernes: de 18.00 a 21.00 horas. Sábados: de 12.00 a 14.00 y de 18.00 a 21.00 horas. Domingos y festivos: de 12.00 a 14.00 horas.