Los fines de semana de marzo volverán a estar cargados de espectáculos teatrales en Vigo para todos los públicos de la mano de VigoCultura 2021.

La programación del mes que comienza está compuesta por ocho espectáculos teatrales para todos los públicos. Desde obras de teatro para adultos; representaciones infantiles e incluso una actividad para bebés.

Ocio en Vigo | Toda la programación de VigoCultura en 60 segundos Alberto Blanco

A continuación podrás conocer todas las obras de teatro previstas cada fin de semana de marzo en el Auditorio Municipal dentro del programa VigoCultura 2021. ¿Dónde comprar las entradas? Puedes consultar toda la información sobre precios y descuentos en este enlace.

Programa 3x3 de VigoCultura 2021

Programación de VigoCultura 2021 en marzo

Programación de VigoCultura 2021 en marzo

Presentaranse cada día 3 espectáculos diferentes cunha mesma temática.

Compañías: L’om Imprebís, Micomicón Teatro, Teatro Corsario e Teatro del Temple

Espectáculo: VIDAS ENTERRADAS composto polas seguintes pezas:

•   MANUEL ESPAÑA de Juan José Millás, dirixido por Jesús Peña e interpretado por Pilar San José.

•   LAS CUENTAS DE CARMENCITA de Juan Mayorga, dirixido por Carlos Martín e Interpretado por Mariano Anós.

•   EL QUE GUARDA de Mafalda Bellido, dirixido por Santiago Sánchez e interpretado por Carles Montoliu.

•   A LOS PIES DEL MONCAYO de Alfonso Plou, dirixido por Carlos Martín e interpretado por Rosa Lasierra.

•   PRIMITIVO FLORIÁN de Laila Ripoll, dirixido por Mariano Llorente e interpretado por Mateo Rubistein.

•   TERTULIA de Pepe Viyuela, dirixido por Santiago Sánchez e interpretado por Edu Borja.

Produción: Ana Beltrán, María López Isausti, Luis Miguel García

Infantil: "Italino Grand Hotel"

Quen lava as miles de sabas dos hoteis? No derradeiro soto do Italino Grand Hotel está a lavandería. Alí, un personaxe solitario lava, prancha e perfuma a roupa. Vive só, soña entre sabas e esconde a soidade conversando coas máquinas e xogando coa súa propia sombra.

Teatro: "32 M²"

Cartel de "32 M²" de la programación de VigoCultura 2021

Cartel de "32 M²" de la programación de VigoCultura 2021

Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m2. A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece á súa parella. O mundo redúcese a catro paredes e xa ninguén entende nada. 32m2 é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés.

Infantil: "Orfeo y Eurícide"

Orfeo é un grego novo, cuxa música é quen de aplacar tormentas, mover as pedras e amansar ás bestas salvaxes. Eurídice e unha ninfa nova protectora dos bosques e a natureza. Un día namoran. Pero a súa felicidade non dura moito tempo. Unha mordedura de serpe mata a Eurídice. Desolado, Orfeo decide baixar aos infernos na procura da súa amada.

Compañía: La Canica

Teatro comedia: "O mozo da última fila"

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de lingua e literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana.

A partir dese intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Teatro infantil: "Semente"

Cartel de "Semente" de VigoCultura 2021

Cartel de "Semente" de VigoCultura 2021

Inspirado en acontecementos reais, Semente,  é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor.

Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.

Unha historia admirable que nos amosa como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando unicamente os seus propios medios, consegue reforestar el só unha das rexións mais inhóspitas de Francia.

Circo: "Celestina La TragiCLOWNmedia"

Unha proposta escénica de circo, teatro e clown engarza o destino de Calisto e Melibea.

A desigualdade de clases, personificada na corrompida lealdade dos criados e unha Celestina proxeneta que utiliza a desventura e o sufrimento dos amos para enriquecerse, encarna a conflitiva sociedade do século XV.

Nunha sorte de acrobacias, malabares e expresión corporal, La Escalera de Tijera tece a rimo de comedia un dos grandes clásicos da literatura española.

Un espectáculo traxiCLOWNmico que amosa as altas e baixas emocións do ser humano ao fío da música que marcan os corazóns das nosas personaxes.

Espectáculo para bebés: "Arrerrú"

Arrerrú é unha palabra que vive na boca, non quere dicir nada pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RRU a delicadeza.

Comezamos axiña na vida a vocalizar e nos golpes de voz xa vai o arremedo de todos os estado de ánimo. Cando falamos de narración oral para bebés queremos dicir que a narración oral é importante desde os primeiros momentos da vida, introducimos cos bebés da man na selva das palabras e do sentido das palabras: nós sabemos dos carreiros, das hortas e dos agochos; eles veñen vindo de vagariño pero sen pausa.

As palabras acompáñanse da musicalidade da voz, dos ollos, dos xestos, do tacto... os bebés tempéranse mellor con estes apoios, nós ao pé da voz poñemos a voz dun acordeón diatónico, a voz multiplicada e asombrosa. Somos bebés, somos persoas adultas, somos persoas da man doutras persoas. A linguaxe en singular non existe: primeiro apréndese en familia. A narración oral é a flor da vida en compañía para afrontar a onda.

*Unha persoa adulta + un bebé. Resto de acompañantes entrada libre en patio de butacas con visibilidade reducida.