Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vicente Verdeal Ríos- Novo voceiro do PP de Moaña

"Traballarei nesta etapa, pero non teño ambición de ser alcalde"

Vicente Verdeal, esta semana, co casco urbano de Moaña ao fondo. | GONZALO NÚÑEZ

Vicente Verdeal Ríos (Moaña, 1957) é dende o pleno de onte o novo voceiro municipal do PP moañés, substituíndo ao histórico líder da formación, José Fervenza, que deixou a acta de edil tras 16 anos á fronte do PP.

–Con que ánimo asume esta nova responsabilidade?

–Moi ben, por saber que estou arroupado por todos os que integran o grupo municipal do PP. Eles me nomearon.

–Agardaba este salto en política, tendo en conta que entrou na corporación a finais de 2020 para substituír a Víctor Carballal?

–No o agardaba para nada. Para min colleume de sorpresa, non contaba con ter que asumir esta responsabilidade. Pero hai que poñerlle ás ganas que nos piden os miles de votantes do Partido Popular de Moaña.

–Este é o terceiro mandato no que é concelleiro. O primeiro no goberno de José Fervenza e nos dous últimos entrando como suplente na oposición ao bipartito (BNG-PSOE). Canto tempo leva militando no partido?

–Entrei con Fervenza. Sempre estiven nos seus equipos, pero cada vez que remata un mandato municipal sempre apostei porque entrara xente nova, que conecte coa sociedade moañesa actual.

–Ten por diante un ano e medio de traballo. Parte coa intención de ser o candidato do PP á Alcaldía nas eleccións locais de 2023?

–Para nada. Podo dicir rotundamente que non. Non teño ambición de ser alcalde. Botarei unha man nestes meses que restan, pero o partido xa está traballando para que nas vindeiras eleccións teñamos a un candidato ou candidata que conecte coa sociedade. Do que estou seguro é de que eu non vou ser. A intención que teño é, tras este mandato, deixar un pouco á política activa, aínda que siga militando e colaborando co partido, porque sempre estou disposto a botar unha man no PP. Levo toda a vida no naval. 51 anos traballando e chega un momento no que hai que deixar paso á xuventude. A miña intención é acabar agora esta etapa na política. O partido ten a xente máis preparada ca min.

–Vai ser moi difícil a renovación no PP de Moaña, ou teñen o relevo xeracional garantido?

–Hai xente nova, militantes que xa estiveron na corporación ou concelleiros ou concelleiras actuais que tamén teñen a capacidade de liderar unha candidatura. Hai xente xoven no partido pero queda máis dun ano e poden pasar moitas cousas, é algo que temos que traballar con calma. Sen présa pero sen pausa.

–Que sensación lle deixou a dimisión de Fervenza tras 16 anos na política local?

–Penso que a Fervenza hai moitas máis cousas agradecerlle das que hai que reprocharlle. Tocoulle ser alcalde durante a peor crise económica que houbo en España e gobernando en minoría. Tivo que afrontar crises como a das preferentes. Foi unha época moi fastidiada e me consta que se partía a alma pelexando polos veciños e intentando facer o mellor para Moaña. Creo que puxo a Moaña por riba incluso dos amigos.

–Cales son os problemas máis urxentes que debe resolver Moaña, a xuízo do PP?

–O bipartito debe acelerar a urbanización dos terreos do centro de saúde e poñelos a disposición da Xunta canto antes. Hai que aceleralo. Ademais é unha pena ver como está parado o paseo de Seara, no que non se fixo nada desde a paralización. Ademais, non acaba de arrancar o Auditorio. Moaña é un pobo de 20.000 habitantes e non temos auditorio, todo son excusas sobre a xunta de compensación ou outros problemas. Tamén hai que mellorar a xestión da depuradora e axudar ás pequenas empresas, que son as que xeran o emprego, por exemplo apostando por unha formación específica agora que o naval volta a precisar de persoal.

–E a nivel nacional, pensa que o PP voltará pronto á Moncloa?

–Penso que o desgaste do PSOE é evidente, cun presidente que non é moi amigo de dicir a verdade e con tal de manterse no poder é capaz de pactar con quen sexa.

–Vostede é máis de Ayuso ou de Casado?

–De Ayuso. Oxalá un día Feijóo acabara na Moncloa, sería bo para Galicia e para España. Pero a Ayuso a miro con moita valentía. Pero esa é unha opinión particular miña.

La nueva concejala, prometiendo el cargo. / G.N.

Carlota Zabaleta inicia su “nueva etapa” como edil

Carlota Zabaleta asumió ayer su acta de edil en el grupo municipal del PP, en sustitución de Fervenza. Tras prometer el cargo los distintos grupos le dieron la bienvenida ante un año y medio “de duro trabajo por delante”. Su compañero, Verdeal, destacó su “preparación sobrada” y la propia Zabaleta hizo alusión a “una nueva etapa para mí” y prometió “aportar al grupo del PP y a todos los vecinos de Moaña”.

Moaña sigue sin permitir un pleno híbrido y el concejal en El Hierro se queda sin sesión  

Pleno mixto este pasado lunes en la Diputación de Lleida, con un diputado participando de forma telemática. Cedida

La modalidad de los plenos híbridos, en los que se permite que miembros de la corporación puedan acudir a las sesiones presenciales de forma telemática, empezó a implantarse con la pandemia. Primero fueron las sesiones únicamente telemáticas para evitar reuniones y contagios, y después llegaron los híbridos para quedarse. Moaña también puede celebrarlos, aunque no da luz verde a la petición del grupo del PP, que en verano pasado había solicitado modificar el Reglamento Orgánico Municipal (ROM) para permitir de forma excepcional que los concejales pudieran participar de forma telemática, lo que permitiría que el edil popular Daniel González, lo hiciera desde la isla de El Hierro, en Canarias, en donde trabaja como profesor sustituto. Sin embargo, el concejal de Personal, Aldán Santamarina, asegura que ellos no pueden incluir en el ROM algo que no está contemplado en el marco jurídico. El ROM permite excepciones por salud, embarazado, maternidad o paternidad, pero no por motivos laborales.

Mientras tanto, ayer el concejal del PP solo pudo seguir el pleno desde El Hierro vía Facebook, sin poder ejercer su derecho como concejal.

El concejal Daniel González sigue el pleno ayer desde El Hierro por Facebook Fdv

En Cataluña, hay muchos organismos que han implantado los plenos híbridos, aunque el motivo laboral sigue siendo estando en duda. La Diputación de Lleida es uno de estos organismos. El lunes, por ejemplo, celebró una sesión mixta con algún diputado conectado desde su casa, por tema de COVID.

La Diputación ha adoptado el voto telemático y permite hacerlo también por motivos de falta de movilidad o causas sobrevenidas similares. Al tener los Pirineos al lado, por ejemplo, por una nevada o imposibilidad de trasladarse.

Explican que aunque las sesiones son preferentemente presenciales, el presidente, previa consulta a la junta de portavoces, puede aprobar de manera motivada la convocatoria de la celebración a distancia y de manera mixta por medios telemáticos. Podrán acogerse a esta modalidad, los diputados en situación de baja, permiso o situación asimilada de maternidad, paternidad, embarazo o enfermedad grave. Aunque se pueden celebrar sesiones híbridas de acuerdo con la Junta de portavoces, que permite la participación a distancia por motivos de falta de movilidad o causas sobrevenidas similares (una nevada). Reconocen que el motivo laboral es “controvertido” ya que no se contempla que un cargo electo marche para instalarse en otro territorio y mantenga representación, aunque ignoran si existe alguna norma específica que lo prohíba o facilite.

Compartir el artículo

stats