Síguenos en redes sociales:

Un panel informa aos visitantes da historia e as características do cruceiro de Síngulis

Dá conta de que a peza era policromada, segundo se detectou na restauración

Un panel informa aos visitantes da historia e as características do cruceiro de Síngulis

"O cruceiro de Síngulis ou Cristo dos Aflixidos é un exemplo de cruceiro barroco datable entre os séculos XVI e XVII", segundo sinala un panel informativo colocado ao seu pé para poñer en valor este lugar emblemático do casco histórico de Cangas. "Na parte frontal da cruz represéntase a Cristo crucificado coas mans e ollos pechados, e na parte traseira á Virxe das Dores e a inscrición INRI. O capitel está moi traballado, e nel aparecen representadas cabezas de anxos e cunchas de vieira", engade o cartel, e da conta que os traballos de restauración realizados recentemente detectaron a policromía.

Tamén constata a presenza de varias "casas de patín" nesa praza pública, as únicas vivendas con acceso exterior á planta superior e das que conta a lenda popular que servirían tamén para presenciar os castigos aos condenados pola Inquisición. A información do panel pode lerse en galego, castelán e inglés.

Pulsa para ver más contenido para ti