Beluso despega con Rosalía de Castro
Os alumnos de Montemogos suben ás redes sociais un orixinal video, con centos de visitas, para apoiar que o aeroporto de Santiago leve o nome da poetisa
Uns versos de Rosalía de Castro e un avión de papel sobrevoando o ceo de Beluso. Esta é a idea central do video que acaban de subir ás redes sociais os alumnos do colexio de Montemogos, na parroquia buenense de Beluso. Unha iniciativa para respaldar a petición de que o aeroporto de Santiago leve o nome de Rosalía de Castro. En poucas horas esta orixinal idea superou xa amplamente o milleiro de visitas e alumnado e docentes agardan que sirva para acadar tan noble obxectivo. Con esta iniciativa o centro educativo súmase á campaña promovida polo Concello de Santiago, que pide que as instalación de Lavacolla leven o nome da máis recoñecida poetisa galega.
A idea é sinxela. En primeiro plano aparece unha alumna de Primaria que sobre a súa mesa ten un avión de papel. A continuación comeza a escribir uns coñecidos versos de Rosalía de Castro: "Adiós ríos. Adiós fontes. Adiós regatos pequenos. Adiós vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos". Non fai falla máis presentación. Son os versos de "Adiós ríos, adiós fontes", un dos poemas emblemáticos de Rosalía e incluído en "Cantares gallegos".
Unha vez que a nena remata de escribir as liñas lanza o avión por unha das fiestras do colexio durante o seu voo ese avión e acompañado por outros moitos aeroplanos de papel. "Agora, ao coñecer que o Ministerio de Fomento deu luz verde a petición canalizada polo presidente da Xunta de Galicia, o colexio agarda a resposta do Parlamento galego", din dende o CEIP Montemogos.
Temas
Más en Morrazo
-
Construyen el primer "hatchery" de molusco en la ría de Aldán promovido por el empresario de Narom
-
Gobierno y AV llegan a acuerdos que se plasmarán en el borrador de presupuestos
-
O Morrazo llega al Primero de Mayo con 30.104 cotizantes y una dependencia del turismo al alza
-
La promoción de As Lagoas firma el acta de replanteo con más de la mitad de los pisos ya vendidos