Versos de Manuel María e roteiro de contacontos en Bueu
| O Concello de Bueu celebrou onte do Día do Libro e de paso adiantouse á vindeira conmemoración do Día das Letras Galegas. Aproveitando que onte era o Día do Libro organizou unha lectura aberta dos poemas e versos de Manuel María, que é o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Foi dende o mediodía na biblioteca Torrente Ballester. O espazo Lobocoxo, pola súa banda, organizou pola mañá un obradoiro de elaboración de marcapáxinas. Pola tarde, aproveitando a tregua que ofreceu onte a choiva, celebrou un roteiro de contacontos que partiu ás 17.30 horas dende a Aula da Natureza de Cabo Udra. O percorrido polos recunchos deste espazo natural se intercalou con narracións de contos tradicionais como "Rato e os ventos" e "Amora", así como algúns clásicos da literatura infantil contemporánea.
Más en Morrazo
-
Los empresarios piden una línea de refuerzo en el polígono de Castiñeiras para evitar más apagones
-
Malvido confía en la capacidad de los futuros parkings en playas y rechaza el efecto llamada
-
Los “Maios” florecen a cobijo de la lluvia
-
Carro asegura que BNG y PSOE despilfarraron 15.000 euros con los cargadores eléctricos