Os Encontros dos Axóuxeres son espectáculos representados por diferentes artistas que “conxugan palabras, emocións e música” para animar aos máis pequenos a “falar, cantar e gozar co galego”. As sesións van dirixidas a un público integrado por bebés e nenos de ata cinco anos, así como para os seus pais e nais. As funcións, de unha hora de duración, realízanse es espazos pechados cunha capacidade máxima de 60 espectadores e son de carácter gratuito. En Cangas poderá disfrutarse o 17 de abril, nunha ubicación aínda por determinar. Están moi recomendados para menores de cinco anos... e maiores acompañados.

A iniciativa ponse en marcha coa idea de animar aos pais e ás nais a transmitiren a lingua aos fillos desde que nacen, transmitíndolles as ferramentas axeitadas. Nas actividades veñen participando distintos artistas do país, unindo palabra, emoción e música. Mercedes Peón, Uxía ou Guadi Galego foron as encargadas, na anterior edición, de sentar ao carón dos bebés e acompañantes, sen micrófonos nin barreiras, para animalos a cantar e a gozar co idioma propio. A diferenza coa Festa dos Axóuxeres, estes encontros musicais teñen lugar nun ambiente recollido, no que as artistas cantan ao pé dos asistentes e aprenden cantigas. De feito, o aforo é limitado para 20 bebés e os seus acompañantes. Para participar hai que reservar praza canto antes no número de teléfono 981 555 930.

Tamén se propón organizar axóuxeres nas casas propias co neno ou nena. Para iso están as letras e mesmo a música dalgunhas cancións descargables en mp3 en Internet, para escoitalas e cantalas tantas veces se queira. Aí vai a primeira:

Aí vai o Señor Noé comandando o batallón, o mono vai sentado na cabeza do león O gato fai miau, miau, miau, O can fai guau, guau, guau, Perú fai gluuu Carneiro fai meee E o galo, cando quer, quequere queque queque