O vigués Fernández Carnero, Premio “Enxeñeiro do Ano”

José Luis Fernández Carnero, director xeral de Estratexia da Televés Corporación, recibirá este ano o galardón Enxeñeiro do Ano –que conceden o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia– pola súa carreira profesional e a súa decidida achega ao desenvolvemento tecnolóxico galego.