Albino Orada | Economista da Universidade de Vigo e autor de “O país dos sen alma”

“A axenda social de Rosendo Salvado segue viva, os refuxiados agora son climáticos”

“Son tantas as cousas de gran calibre que hai detrás da súa estadía en Australia que o tema do ecualipto é de mal gusto”

Albino Prada.

Albino Prada. / Duvi

Sandra Penelas

Sandra Penelas

Tras arribar a Australia no 1846, o monxe benedictino Rosendo Salvado construiu unha misión, Nova Nursia, que non só serviu de refuxio aos aborixes senón que puxo en valor a súa cultura milenaria frente ao exterminio imposto por unha civilizacion que se cría superior intelectual e espiritualmente. Sen embargo, a inmesa figura do tudense segue incomprensiblemente oculta entre as follas dos ecualiptos. A UVigo acaba de publicar unha versión en galego e enriquecida de “O país dos sen alma”, unha aportación de Albino Prada á súa xusta e todavía pendente homenaxe.

–Compara a súa figura con Nelson Mandela e Vicente Ferrer.

–A crónica que se fai na maior parte do libro fundamenta sobradamente que esa comparación non é excesiva. Pero o máis importante é o que hai por debaixo. Por desgraza, 150 anos despois segue habendo un problema global de racismo e supremacismo que non temos superado. Seguimos tendo ese pecado capital de crernos superiores por algún tipo de fortuna xenética. Rosendo segue dándonos miles de leccións. Cando chega a Australia no 1847 dase conta de que os aborixes teñen unha cultura inmesa, como non podía ser doutra maneira posto que levaban miles de años sobrevivindo alí. Isto xa o coloca en termos de igualdade. E ademais tamén se decata de que hai unha civilización chegada desde miles de quilómetros que está acabando con todo. A colonización inglesa de Australia é un exemplo, entre moitos máis que había no mundo, de como se pasou por riba dos que eran os donos do territorio. El ve que o seu sistema de vida era imposible coa avalancha de gandeiros ingleses e a súa tecnoloxía e consegue terras para que se poidan refuxiar e ademais, de novo outro mérito, que poidan demostrar que son tan capaces como calquera outro de manexar a nosa tecnoloxía.

Rosendo Salvado, no ano 1900.

Foto de Rosendo Salvado incluida no libro.

–E documenta todo coa axuda do seu irmán Santos Salvado

–Tiña unha gran capacidade para transmitir o que facía e moitas habiliades mediáticas e o seu irmán vai con el para fotografiar todo o que van facendo. Unha das moitas anécdotas da súa biografía é que encarga a unha aborixe que leve o telégrafo da misión. E ela faino á perfección. Cando isto se empeza a coñecer entre a rede de telegrafistas da colonia quedan aterrorizados de que unha aborixe e por riba muller sexa capaz de igualalos nunha tecnoloxía de vangarda. Parece unha cousa que se conta en medio minuto, pero ten moito detrás. Neste tema dos efectos mediáticos fago o paralelismo con Mandela porque el establece unha camaradería cos blancos a través do rugbi e Rosendo, moitos anos antes, faino co críquet e crea un equipo na misión que é capaz de xogar e gañarlle aos brancos. E, ao mesmo tempo que se move na base social dos aborixes que se están exterminando, é un tipo que é recibido polos reis de España ou Francia e que ten habilidade para maniobrar coas autoridades inglesas da colonia. Iso si, sempre buscando apoios para o obxectivo que el ten en Nova Nursia.

–E a pesares de todo, a súa figura segue, tal e como lamenta no seu libro, ensombrecida polo eucalipto.

–É unha inxustiza histórica. Espero que este gran de area contribúa a colocalo no seu punto, porque son tantas as cousas de gran calibre que hai detrás da súa estadía en Australia que me parece de mal gusto o tema do eucalipto. Ao final, el monta un refuxo, pero iso non se multiplica e o que acabou pasando cos aborixes foi unha desfeita absoluta. Por iso ten un especialísimo valor a placa do monumento de Tui onde o Goberno australiano recoñece que Salvado foi un dos poucos que fixo o que había que facer. A súa axenda social segue viva. No século XXI temos outro tipo de refuxiados produto do mesmo choque. O cambio climático, que eles non provocaron, está afectando dunha maneira cruel a rexións como o Sahel. A axenda de Rosendo interróganos e emplázanos a asumir as nosas responsabilidades con respecto a estes pobos que se están poñendo nunha situación crítica para sobrevivir. A misión de Nova Nursia ten un valor inmenso, pero o que está detrás nos interroga sobre estes refuxiados climáticos do século XXI. Ler a historia do que fixo este tudense con estas claves pode ser, ademais de entretido, enriquecedor humanísticamente.

Portada do libro.

Portada do libro.

"Era un galego moi particular e un dos poucos dos que podemos presumir polo mundo"

–Como coñeceu vostede a Salvado?

–Como todos os galegos. En Santiago, onde estudiei, tiña unha rúa e logo alguén me contou que trouxo o eucalipto. Que por outro lado, chegou como outras especies exóticas e de aí a que o norte de Galicia esté infectada pois hai un camiño largo. Co tempo, o azar levoume a traballar e vivir en Tui, tomeime máis en serio o asunto e empecei a descubrir o tesoro xigantesco que hai debaixo das follas de eucalipto. O que me parece sorprendente e que noutros países, con moita menos materia, teñen feito audiovisuais e películas impresionantes sobre peripecias que non chegan á altura desta. De feito este libro inicialmente tiña forma de guión para un proxecto que acabou por frustrarse.

Dibujo de la misión de Nova Nursia.

Dibujo de la misión de Nova Nursia.

–O libro pode comezar a saldar esta débeda .

–Tamén hai que ter en conta que Rosendo é unha persoa que pertence á igrexa católica, é un benedictino que chega a ser bispo. A min abríronseme as portas tando do arquivo da Catedral de Tui como do mosteiro de Trasmañó, pero intentei facer unha crónica laica. Sen embargo, sobre todo en derteminadas épocas, puido ser máis difícil que a súa figura adquirira estas tonalidades. Case todo o que eu escribo está trasladado de primeira persoa porque el escribiu moitos diarios e libros. Aquí recoñécese moito que foi o primeiro bispo católico en Austria, pero el consegue estar anos sen aparecer pola diócese porque entendía que, ascendéndoo, querían desplazalo do que estaba facendo. Era un galego moi particular e un dos poucos dos que podemos presumir polo mundo. O recoñecemento máximo sería facer visible a súa carreira, o seu empeño, e dende unha perspectiva actual porque o tema segue aberto. O Servizo de Publicacións da UVigo fixo un libro moi interesante e coa posibilidade, dentro dun ano, de que sexa de acceso libre por internet desde calquera parte do mundo. Isto é moi valioso e só unha instiución pública pode facelo así de ben.

Suscríbete para seguir leyendo