As árbores da Alameda de Bouzas respirarán en galego o luns, na xornada na que se celebra un Día das Letras Galegas certamente atípico pola pandemia do coronavirus. A Asociación Cultural da Vila de Bouzas colgará polas ramas anacos de poemas de Xela Arias, a autora homenaxeada este ano, para formar unha especie de tendal literario con detalles para embelecer o fondo branco.

"Levamos desde o ano 2016 celebrando o Día das Letras Galegas na Alameda de Bouzas. Este ano, a situación sanitaria fixo que tivéramos que variar o evento presencial clásico e facer unha exposición dedicada a Xela Arias na Alameda de Bouzas a partir do luns 17 de maio. Bouzas non podía estar sen ela", comentan desde a entidade. Na exposición, tamén haberá murais, faciliados polo IES Valadares e o Colexio Atlántida.

Un dos murais que se exporá ASOCIACIÓN CULTURAL DA VILA DE BOUZAS

"Ademais, como botamos de menos as actuacións que veñen facendo as rapazas de Bouzas no Día das Letras, foi simplemente comentarllo e tiveron un agasallo con nós: un vídeo que filmaron os nenos e nenas lendo a Xela", comentan desde a Asociación Cultural da Vila de Bouzas.