Os Premios Emilia Pardo Bazán recoñecen o liderado feminino

O Entroido de Cobres, a Asociación de Redeiras Atalaia de A Guarda e a escritora viguesa María Oruña fanse coa segunda edición dos galardóns organizados por FARO e a Deputación de Pontevedra

Mar Mato

Mar Mato

O Auditorio de Afundación en Vigo acolleu onte a gala de entrega dos II Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías cuxo fin é poñer en valor a figura histórica da escritora e xornalista galega ao tempo que resaltan o liderado de mulleres que seguen o seu ronsel na actualidade. Nesta edición, os galardóns recaeron na escritora María Oruña (Cultura), na Asociación de Redeiras da Atalaia A Guarda (Feminismo) e no Entroido de Cobres (Turismo).

A gala (coa dramaturxia de Ricardo Solveira) estivo protagonizada pola propia Emilia Pardo Bazán –interpretada por Carmen Facorro, actriz da compañía Amorodio Teatro, entidade encargada da dramatización do acto– que recibiu á audiencia nunha pose de tristura ao pensar que ninguén se lembraba dela.

O personaxe de Bazán tivo verbas de recordo para Ceferino de Blas –quen lle dedicara un dos seus últimos libros– para a continuación recibir por mensaxería unha asistente persoal da Deputación de Pontevedra (que apoiou a celebración dos galardóns organizados por FARO).

Foi a asistente quen lle comunicou que ía presentar os premios homónimos, o que a encheu de ledicia. Xa transformada en presentadora tras sonar o “Ajarrate” de Mercedes Peón, deu paso á subdirectora do FARO, Irene Bascoy, quen pronunciou un discurso. Nel subliñou que Pardo Bazán foi unha muller “visionaria e namorada desta ría” así como unha adiantada ao seu tempo na defensa dos dereitos das mulleres e á hora de vaticinar que a provincia de Pontevedra sería “unha aterra de turismo”.

María Oruña recibió uno de los premios Emilia Pardo Bazán

María Oruña recibió uno de los premios Emilia Pardo Bazán / Ricardo Grobas

Na sua alocución resaltou o fito de cando logrou ser catedrática na universidade e dar aulas nun tempo no que estaban prohibidos os estudos superiores ás mulleres.

Relatou que deixou de ser catedrática ao ser vítima do boicot dos profesores varóns que presionaron os alumnos para que non acudiran á súa clase. O único que si asistiu durante uns poucos meses foi o bedel ata o seu pasamento, momento no que perdeu a cátedra por falta de alumnado.

Bascoy resaltou que a dona Emilia “a hostilidade que recibía como resposta nunca a freou” polo que animou a seguir o seu exemplo para atrevernos a soñar.

A subdirectora do FARO, Irene Bascoy, subliñou que Pardo Bazán foi unha muller “visionaria e namorada desta ría” así como unha adiantada ao seu tempo na defensa dos dereitos das mulleres

Tralas súas verbas, a subdirectora do FARO entregou o Premio Turismo xunto a María Fernández Varela, directora do Hotel Cidade de Vigo. Coa música de “Aire” das Tanxugueiras de fondo, concedeuse a distinción ao Entroido de Cobres de Vilaboa (Pontevedra), pola súa “ampla tradición popular” e polo “atractivo turístico”. A celebración está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia desde 1999 tras impulsar a transmisión dunha tradición que se remonta ao século XVIII coa súa danza de madamas e galáns. Agora loita por ser Festa de Interés Turístico Nacional.

Subiron a recoller o galardón Martín Duarte Ríos e Lidia Peleteiro Arosa, presidente e tesoureira da Asociación Cultural Cobres. Duarte destacou que “é un orgullo estar aquí; o premio foi que xa nos tiveran en conta”.

Premio á cultura

A continuación, Pardo Bazán preguntou á asistente polo seu amor Benito Pérez Galdós. Ante a falta de resposta, afianzouse na súa independencia para anunciar a entrega do premio Cultura. Ambos os dous convidaron á vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández Tapias, e á xornalista Guada Guerra, a subir ao palco e facilitar a distinción á escritora María Oruña, articulista colaborada do diario decano quen recalcou que “este galardón faime moita ilusión”, por ser na súa cidade. Tamén resaltou a importancia da “cultura que nos fai sentir menos sós”.

Tralas palabras da escritora agradecendo o premio, o personaxe de Emilia Pardo Bazán recibiu a visita de Benito Pérez Galdós, interpretado este último por Javi Castiñeira, tamén de Amorodio. Os dous intercalaron reproches parafraseando a famosa letra do “Olvídame y pega la vuelta” de Pimpinela. Ela botoulle en cara que lle fixera ghosting ao acusalo de non responder a ningunha das 94 cartas que lle remitira, o que demostraría que el non a quería. Tras pedirlle perdón e ela aceptalo pero deixando claras as distancias, ofreceulle presentar a gala con ela e entregar o terceiro e último galardón da tarde, o de Feminismo.

Este recaeu na Asociación Atalaia de Redeiras de Baixo Miño, A Guarda. O colectivo de redeiras creouse no 2005 e traballa pola mellora da formación e a unión na loita dos seus dereitos. A distinción facililtárona a escritora e experta en feminismo Elba Pedrosa mailo presidente da Deputación, Luis López.

Recollérona catro das súas integrantes: Nuria González, Milagros Martínez, María Jesús Gonzáleza e Marina Álvarez. Esta última, como presidenta do colectivo, pronunciou unhas palabras para resaltar:

Esta última resaltou que “para nós, é un orgullo este premio; ofrecémosllo a todas as redeiras de Galicia”.

Como peche do acto, falou o presidente da Deputación, Luis López. Tras a súa intervención, Pardo Bazán e Galdós despedíronse dando as grazas por ser convidados á gala.

Dona Emilia agradeceu tamén que “mantiveran viva” a súa “memoria” un ano máis con estes galardóns ao tempo que ofrecía de novo unha lembranza a Ceferino de Blas “porque grazas a el existen os Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías”, o que foi recibido cun forte aplauso que se fundiu co6 tema “Tataravoa” de Fillas de Cassandra.