Vigo acolle o xoves a gala de entrega dos II Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías

Será no auditorio Afundación a partir das 20.00 horas

Un momento durante o acto de entrega dos premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías 2022.

Un momento durante o acto de entrega dos premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías 2022. / José Lores

R.V.

O auditorio Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 26) acollerá este xoves 14 de decembro a gala de entrega dos II Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías. Será a partir das 20.00 horas con entrada libre ata completar aforo. Tamén se pode confirmar asistencia previamente no correo eventosgalicia@prensaiberica.es.

Os segundos Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías teñen xa varios finalistas. Unha intensa reunión dos membros do xurado a pasada semana, na sede de FARO, serviu para acotar os nomes das e dos candidatos con máis opcións para facerse coa distinción, iniciativa deste diario co apoio da Deputación de Pontevedra.

Categoría de Turismo

O ascenstral Entroido de Cobres, Ideas Peregrinas e a proposta gastronómica Culler de Pau son os finalistas na Categoría de Turismo, galardón que busca recoñecer a emprendedores e emprendedoras que teñen un papel destacado na proxección da provincia de Pontevedra.

Categoría de Cultura

Na Categoría de Cultura, a elección será entre o Náutico San Vicente, a novelista María Oruña e o dúo musical Fillas de Casandra. O obxectivo desta distinción é o de recoñecer as traxectorias máis relevantes no País das Rías, enxalzando os novos valores literarios, escénicos e artísticos en todas as súas variantes.

Categoría de Feminismo

Por último, o galardón na Categoría de Feminismo quere recoñecer a quen impulsa a igualdade entre homes e mulleres, como levaba de bandeira a propia Emilia. Nesta segunda edición, os finalistas son: a Asociación de Redeiras da Atalaia A Guarda, a coorporativa A Morada e a fiscal de Violencia de Xénero Paula Cajaraville.

Os gañadores de cada categoría serán anunciados na gala do día14 de decembro

A elección dos nove finalistas correu a cargo dun xurado composto por: Ruth González Reyes, Xefa de Turismo Rías Baixas; Mª Carmen Gómez Manzano, Xefa do Servizo de Arquitectura da Deputación de Pontevedra; Xulia Santiso, conservadora da Casa Museo Pardo Bazán; Elba Pedrosa, escritora;Guada Guerra, xornalista;María Fernández Varela, directora do Hotel Ciudad de Vigo; Alba Chao, xefa da área dixital de FARO DE VIGO, e Irene Bascoy, subdirectora deste xornal.

Na entrega de premios será a propia Emilia Pardo Bazán quen conduza o acto (nunha representación da ESAD).