viii edición de faro da escola

Fin de proxecto con música e letras

Os centros traballaron todo o curso en actividades para acompañar o seu Faro da Escola. Comezamos o repaso!

Un momento na preparación do podcast do CPR Monterrey.

Un momento na preparación do podcast do CPR Monterrey. / Cedida

C. Mañas

Os participantes no proxecto de FARO DA ESCOLA entregaron os seus exemplares o pasado 8 de maio. Pero, significa iso que esta edición chegou ao seu fin? Nada máis lonxe da realidade.

O proxecto de FARO DA ESCOLA é de longo recorrido, e aínda queda a parte máis importante: reposar, ler e recoñecer o traballo que alumnos e alumnas levaron a cabo durante este curso. Por iso, a partir de agora e ata a impresión dos traballos (que está prevista para o 31 de maio, non queda nada!) repasaremos os proxectos que directa ou indirectamente influiron nos seus xornais.

Un dos centros participantes é o CPR Monterrey, que ademais de preparar o seu xornal, estivo realizando diferentes actividades moi relacionadas coa literatura ao longo do curso. 

Por iso, esta vez e durante todo o mes de maio, os alumnos de 3º ESO, buscaron información sobre o persoeiro ó que se lle dedica este ano o día das letras galega: Francisco Fernández del Riego, sen dúbida, un dos protagonistas de moitos dos suplementos que se preparon este ano no certame.

Alumnas da ESO preparando os carteis para a biblioteca.

Alumnas da ESO preparando os carteis para a biblioteca. / Cedida

No seu caso, elaboraron unha serie de audios sobre a súa traxectoria profesional que transformaron en breves programas de radio. 

Dentro do mesmo proxecto, na biblioteca usaron tamén o seu enxeño para elaborar unha serie de paneis con frases do devandito autor, e que colgaron nas paredes a xeito de decoración. Estiveron buscando información para conseguir elaborar e interpretar os seus pensamentos, e finalmente os plasmaron en carteis de lettering

Un dos carteis do alumnado, cunha frase de Fernández del Riego.

Un dos carteis do alumnado, cunha frase de Fernández del Riego. / Cedida

Violonchelo no CEIP San Salvador

Neste centro de Teis, o alumnado de 3º e 4º de Primaria elaborou un obradoiro sobre as familias de instrumentos musicais da orquestra clásica, e que mellor xeito de facelo que experimentando sobre instrumentos reais!

Exploraron unha boquilla de trombón para coñecer os instrumentos de vento metal (con forma de cono e forma de copa) e investigaron as diferentes embocaduras e lingüetas (simples e dobres) dos instrumentos de vento madeira sobre un clarinete e unha lingüeta de óboe. 

O alumnado do CEIP San Salvador, experimentando coa música.

O alumnado do CEIP San Salvador, experimentando coa música. / Cedida

“Ademais, sentiron que as cóxegas que esperta a música se perciben moito mellor cando nos sentamos a tocar un instrumento de corda como por exemplo o violonchelo” conta Noelia Pérez, a súa mestra.

A acollida entre o alumnado foi marabillosa e amosaron o seu interese formulando todo tipo de preguntas e inquietudes pero tamén improvisando directamente sobre os instrumentos presentados.