Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Educación convocará prazas en 25 especialidades de docencia

Haberá para todas as de mestres, para unha ducia na ESO e para cinco de profesores de FP

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará unha oferta de emprego público (OPE) con prazas en ata 25 especialidades de docencia diferentes. En concreto, convocaranse prazas de mestre en todas as especialidades, nomeadamente as de Educación Infantil, Educación Primaria Lingua Estranxeira Inglés, Lingua Estranxeira Francés, Educación Física e Música. Ademais, e para continuar garantindo o máximo nivel de inclusividade para o alumnado con necesidades especiais de atención educativa convocaranse prazas en Pedagoxía Terapéutica e en Audición e Linguaxe.

No referido ao profesorado de Secundaria, haberá oferta en doce especialidades, en concreto nas de Lingua e Literatura Galega, Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Educación Física, Análise e Química Industrial, Asesoría e Imaxe Persoal, Hostalería e Turismo e na de Organización e proxectos de fabricación mecánica.

No caso dos profesores técnicos de Formación Profesional, as prazas serán para Cociña e pastelería, Equipos electrónicos, Laboratorio, Mantemento de vehículos e Sistema e aplicacións informáticas; coas que se dá resposta ao incremento de matrícula nestas ensinanzas nos últimos anos.

A oferta axústase ás necesidades actuais do sistema educativo galego, e co obxectivo de chegar ao número máximo de prazas permitido. En calquera caso o número total e por especialidade determinarase na mesa sectorial do ensino non universitario.

Compartir el artículo

stats