Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Samaín-Halloween en galego e inglés

O colexio Andersen disfruta dunha "tarde terrorífica"

Disfraces e xogos para unha xornada "terrorífica" no colexio.

O Colexio Andersen, de A Garrida-Valadares, dentro das materias de galego e inglés, celebrou a festa do Samaín-Halloween, onde os escolares de Primaria puideron pasar unha tarde terrorífica chea de sustos e diversión.

Os profesores prepararon as "covas tenebrosas" de baixada á Ludoteca do centro, decoradas con telarañas, arañas, morcegos, vampiros, calaveiras, tumbas, iluminación tétrica, monstros, momias,.... Tamén disfrutaron da escenificación os alumnos de Infantil, acompañados das meigas (as súas profes) ataviadas para a ocasión. O tenebroso percorrido comezou, accedendo en pequenos grupos, polo túnel do terror, rematando esta aventura na ludoteca, onde os rapaces puideron caracterizarse no obradoiro de maquillaxe e realizar as súas propias creacións monstrosas, no obradoiro de manualidades relacionadas co tema e con material para reutilizar. Todo ambientado con música para a ocasión.

Tamén se realizou a Expocabaza, aportadas e decoradas polos alumnos, na que as ideas máis orixinais foron galardonadas e actividades e xogos variados, co inglés como lingua de comunicación.

Compartir el artículo

stats