Marxes e 'mainstream'

Das posibilidades dunha nova arte popular

Mural pictórico nun edificio de Vigo.

Mural pictórico nun edificio de Vigo. / Eli Regueira

Popularizar a cultura sen popularizala? Hai debates que non rematan nunca. Nestes días, os franceses reflexionan nunhas xornadas sobre a posibilidade dunha arte popular. Pero isto da arte popular é un termo complexo que pode despertar moitas interrogantes. Eles falan da posibilidade de que a alta cultura sexa accesíbel a todos os públicos. Falan de estándares artísticos superiores para o maior número de persoas. Hum, unha idea moi democratizadora. Din que é un ideal máis significativo que nunca fronte á liorta que teñen cos populismos. Quen é capaz de opoñerse, sen temer ser observado con suspicacia, ante semellante pretensión democrática? Damos cunha desas ideas que non permiten discusión porque que a cultura non é un luxo senón un dereito, “un deber imperativo”, inhibe todo cuestionamento. Pero precisamente por iso é necesario observar. Claro que estamos de acordo con que as persoas temos dereito a elixir e expresar a nosa identidade. Pero quen lexitima e quen promove estes elementos de tanta calidade para o consumo do pobo?

Marxes 
e mainstream

Fachada decorada dun bloque de vivendas en Vigo. / Eli Regueira

Ademais dos populismos, que parecen avanzar vertixinosamente –por algo será, debemos estar facendo algo mal–, no país veciño analizan algunhas variábeis como a pandemia, que deteriorou os pactos entre os poderes públicos e o mundo cultural. En realidade, falan de negocio cultural. Pode que na era post-COVID, en lugar de pretender volver ao escenario de antes, que non foi moi exitoso, sexa máis axeitado pensar como os estados interveñen e constrúen cultura.

Marxes 
e mainstream

Mural artístico sobre mulleres deportistas. / Eli Regueira

Porque non se trata dunha cultura sostida publicamente, que manipule os nosos intereses, senón que respecte o dereito das persoas a elixir e expresar a súa propia identidade. Hai, dende os poderes públicos, quen atribúe todos as vulgaridades da cultura ás redes porque os algoritmos bloquean a nosa imaxinación e convértennos en imbéciles. Pero sexamos serios, a tecnoloxía dixital só é unha ferramenta, haberá outros factores que afectan a nosa consciencia.

A cultura sempre é unha forma de distinción de clases. Os acontecementos culturais, sexan da natureza que sexan, sempre están xerarquizados pola súa natureza intrínseca ou polos grupos sociais promotores. Porque isto dos grupos sociais promotores é clave. Quen constrúe esta suposta cultura popular democratizadora? Será inclusiva ou igualitaria? O popular é un espazo donde un grupo social xera identidade ao interior da súa cultura e, por suposto, establece unha fronteira co outro. Disto vai a identidade, de diferenciarse. e este é un proceso continuo onde non paran as transaccións cos outros grupos. Tal vez para deixar de ter cultura con apelidos; “culta”, “popular” e “de masas”, necesitamos unha realidade máis utópica aínda que esta pretensión, “unha cultura culta popular universal non popularizada”. En realidade, cómprenos unha sociedade sen xerarquías, sen divisións, sen estratificación, sen conflito, sen opresións... Porque estas divisións da cultura non desaparecen por estas cousas das hibridacións, globalizacións e postmodernidades diversas.

Marxes 
e mainstream

Outro exemplo de arte urbana. / Eli Regueira

Incorporar elementos identitarios dun grupo para a creación ou para o disfrute non te converte en popular como non te convertes en marxinal por vestires con certa roupa e bailar dunha forma particular; cando remata o concerto volves á túa casa non marxinal. Isto é tan certo como que o popular nunca atopa a súa propia voz a través do mercado. O mercado, en todo caso, sempre quita proveito do popular incluso con casos paradóxicos: o jazz foi unha expresión identitaria dun grupo oprimido, unha arte popular denostada pola alta cultura pero hoxe é consumido pola burguesía culta. Neste caso, o mercado resignificou un produto. Os nosos adolescentes levan roupas que imitan a marxinalidade e escoitan músicas que falan da fronteira social pero eles viven en casas confortábeis e comen todos os días. Os cantantes e produtores destes ritmos “populares” son grandes empresarios.

Marxes 
e mainstream

Intervención artística nun estaleiro. / Eli Regueira

Só asistimos a unha apropiación do popular dende a cultura neoliberal que non defrauda os seus intereses conservadores, apenas se presenta cunha imaxe máis cálida e “agarimosa” preto dos grandes grupos de poboación. Estes movementos promoven e manteñen a estratificación social, os que teñen o diñeiro e os que viven de ilusións. Canto á política, hoxe interésase polo popular para gañar eleccións. Sempre hai unha lóxica mercantil ou de dominación cando se quere converter cultura nunha expresión homoxénea, veña dos outros ou dos nosos.

Marxes 
e mainstream

Obra homenaxe ás mulleres na música. / Eli Regueira

Suscríbete para seguir leyendo