Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Testemuños da historia

O propio topónimo "Antas" xa dá conta da gran cantidade de restos arqueolóxicos que se poden atopar no concello do Ulla. Desde petróglifos a dolmens ou castros, todos son testemuños pétreos do que debeu ser un importante poboado. Aqueles asentamentos do megalítico serían ocupados posteriormente polos romanos, pois pola comarca da Ulloa, formada polos concellos lucenses de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, pasaba a vía que unía Lucus Augusti e Iria Flavia. Tamén se teñen noticias, a través do Códice Calixtino, de que no século VI foi constituido o Condado de Ulliensis, tomando como nome o do río que nace no territorio. Este mesmo documento fai referencia a un próspero burgo medieval que viviu na Idade Media un período de esplendor, materializado no amplo patrimonio de arquitectura civil e relixiosa que aínda hoxe alberga toda a comarca da Ulloa.

Tamén Agolada garda importantes vestixios da cultura megalítica. Entre os moitos túmulos apareceron restos valiosos como o "Tesouro" que leva o nome do concello, atopado nunha mámoa do Campo do Xastre, na parroquia de Ferreiroa, e que na actualidade se expón no Museo de Pontevedra. Está formado por dous brazaletes e un torque de ouro. Ademais existen numerosos castros como o de Marcelín, na parroquia de Merlín, con as súas mámoas e a súa lenda da raíña Marcela.

Compartir el artículo

stats