Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha bésta para San Cibrán

A igrexa románica de Paredes (Ponteareas)

Representación da bésta no interior do templo.

Representación da bésta no interior do templo.

Durante a Idade Media é pouco frecuente a representación de armas no interior dos templos. Coa excepción dos cabaleiros e señores, que utilizan as igrexas para aloxar os seus sepulcros, caso de Fernán Pérez de Andrade en San Francisco de Betanzos, as armas son os atributos do poder terreal dos homes, da violencia e da guerra, de aí que non teñan unha presenza destacada na casa de Deus.

Así e todo, ás veces o belicismo faise visible tamén nos textos sacros, caso do Combate Espiritual de San Paulo (6,10-17) que aparece incluída na súa Carta aos Efesios: "Polo demais, fortalecédevos no Señor e na forza do seu poder. Revestídevos das armas de Deus para poder resistir os enganos do Diaño. Porque a nosa loita non é contra a carne e o sangue, senón contra (...) os espíritos do mal que habitan nas alturas. Por iso, tomade as armas de Deus".

Esta citación vén a conto pola presenza, inédita ata hoxe, dunha bésta no interior da igrexa de San Cibrán de Paredes (Ponteareas), un templo citado na documentación desde o ano 1113, data na que dona Urraca outorga a freguesía de Paretem e outras posesións a Pelai Velázquez. Sobre esta antiga arma de proxección volveremos máis adiante. Catro séculos despois daquela primeira cita documental de San Cibrán, xa en 1549, outro documento asegura que esta parroquia é unha das máis pequenas e humildes da diocese de Tui, o que, sen dúbida, permitiu que unha parte destacada da súa arquitectura románica chegase ata nós. O topónimo da freguesía deriva de pari?tis, unha voz latina que, en toponimia, designa un lugar con restos de construcións antigas (García Sánchez; 2007).

A igrexa de San Cibrán, construída na Idade Media, levántase no lugar do Picouto e presenta unha nave e unha ábsida de planta rectangular. Ambas aparecen cubertas cun teito de madeira a dúas augas. O edificio medieval foi reformado en distintas ocasións no século XIX (1816 e 1875), cando foi ampliada a nave, construída a súa sancristía e reedificada a súa fachada.

No exterior, o templo románico orixinal consérvase baixo o aleiro do muro norte da nave, así como na fermosa cruz calada antefixa que loce no vértice oriental do tellado da nave, e que superpón unha cruz de entrelazo de Santo André con outra de tipoloxía grega. Esta cruz érguese sobre un canzorro descontextualizado no que se labrou a cabeza dun año. O beiril setentrional aparece soportado por dez canzorros de ruda factura seriamente erosionados, entre eles bóvidos, rolos envoltos por tallos vexetais, planos superpostos e un carneiro. Nesta mesma fachada ábrese a única xanela cuberta cun arco apuntado do edificio, testemuño dunha fase tardía que podería situarse no século XIII. No interior da nave a obra medieval faise visible unha inscrición fundacional que di: "ADA. F. CONONIS", texto que a profesora Vaquero Díaz interpreta como abreviatura de "Aedificata Fernandus cononicus", isto é, "Edificada por Fernando, cóengo".

O arco triunfal, de medio punto e datado no último terzo do século XIII, divide o espazo destinado aos fieis do ámbito do oficiante. Presenta arestas chafranadas e impostas follas enmarcada noutro motivo circular.

Nalgunhas ocasións, os guerreiros xorden como transunto da loita que mantén Deus co diaño. Neste contexto as armas do guerreiro de a pé, con frecuencia vestido cunha malla metálica, son a espada, a lanza, o arco e, en menor medida, a bésta, arma do diaño. Esta última foi esculpida formando parte dunha escena alegórica en lugares tan distantes como Moissac, Saitn-Sernin de Toulouse, San Isidoro de León ou Santiago de Compostela (na portada das Praterías), onde se representa a un besteiro (un soldado ou un demo) montando esta arma (Torres Balbás; 1934). En mans de guerreiros, a bésta aparece tamén, por exemplo, nun fresco da igrexa románica de Alaitza (Araba), onde é portada por un besteiro no contexto dun asedio a un castelo. En forma de marca de canteiro está presente en templos galegos como a Colexiata de Iria Flavia, San Xoán de Portomarín ou na catedral compostelá, onde mandou Xelmírez (1065-1140), bispo e arcebispo "de báculo e bésta".conformadas por varias molduras ou listeis, así como dous motivos decorativos no intradorso das doelas: unha cruz inserida nun círculo e, no lado oposto, unha roseta de seis follas, encmarcadanoutro motivo circular.

Armas antigas

  • Tamén no muro interior sur da ábsida de San Cibrán de Paredes foi gravada unha bésta, unha arma antiga que se utilizaba para lanzar frechas curtas ou virotes durante a Idade Media, fundamentalmente entre os séculos XII e XIV. Non parece que este gravado sexa unha marca de canteiro, nin polo tamaño da representación, nin pola profusión do motivo (é o único signo lapidario que atopamos no templo). En opinión de Castiñeiras González podería tratarse dunha marca de propiedade do señor do lugar, aínda que a ausencia dunha tese doutoral sobre os petróglifos románicos de Galicia non nos permita afinar máis. Si diremos que en dúas estacións de arte rupestre próximas a Paredes, en concreto no petróglifo da Pedra do Esperón (Gargamala) e no de Pé de Mula (Sabaxáns), son frecuentes tamén as representacións de béstas, o que confirmaría a contemporaneidade do templo de San Cibrán con estes gravados rupestres. A representación de todas estas béstas é debedora da perspectiva aspectiva, a mesma que utilizaban os exipcios, dado que a chave para liberar a corda do arco que propulsa a seta ou frecha aparece representada nun lateral do taboleiro, cando, en realidade, debería gravarse na parte inferior.

Compartir el artículo

stats