CPR Plurilingüe Vigo » debuxo

Xoias da paisaxe 
ao pé da aula e da casa

» As vistas á ría de Vigo fronte a ponte de Rande non podían faltar entre os traballos premiados 

Foto de grupo do CPR Plurilingüe Vigo.

Foto de grupo do CPR Plurilingüe Vigo. / Ricardo Grobas

M.B

Ser testemuña unha soa vez basta para non esquecer endexamais a beleza do solpor sobre a ría de Vigo, fronte á ponte de Rande. 

Amarelo, laranxa e vermello visten o azul do Atlántico nun espectáculo que ven vaga a pena pintar e así o fixo Diego Fernández Bugía, alumno do CPR Plurilingüe Vigo no seu traballo para Escola en Camiño. 

A súa sensibilidade e destreza para reflectir as vistas á Ponte de Rande, parada imprescindible de todo peregrino que pase por Vigo e Redondela, valéronlle un dos premios na categoría de Debuxo do certame para os cursos de 1º e 2º da ESO. 

“Foi totalmente voluntario e libre, pero era un grupo ao que lle gusta moito debuxar e animáronse. A min paréceme moi interesante, ao alumnado gústalle presentarse a este tipo de certames porque é algo diferente. Por iso decidín plantexalo como tema de clase”, conta neste senso Montse Ruibal, profesora no CPR Plurilingüe Vigo, que engade que insistiulles na oportunidade que tiñan ao vivir nun dos tramos polos que pasa o Camiño de Santiago Portugués. 

Nótase que a escoitaron ben, a xulgar polos resultados que nos amosan traballos como o do premiado Diego Fernández Bugía. 

Debuxo gañador.

Debuxo gañador. / Cedida

Bo sabor de boca edición a edición

“Participamos na anterior edición e levamos un premio. Os rapaces pasárono moi ben e quedoulles moi bo sabor de boca da entrega de galardóns. Entón, este curso, os nenos xa tiñan falado de que o pasaran moi ben cos seus compañeiros e eran os propios alumnos os que tamén o demandaban”, relata a mestra outro dos motivos polos que o centro decidiu repetir . 

“Aínda que é verdade que lles da traballo, a eles e a nós os profes tamén, vaga a pena porque é moi gratificante. Gústalles e desfrútano”, despídese Montse Ruibal.