A comunidade gradúa a 700 novos embaixadores do Camiño

» Misión cumprida para os milleiros de participantes na II Edición de Escola en Camiño, que vén de repartir un total de 33 galardóns na súa gran gala da Estación Marítima de Vigo

Foto de familia dos 33 galardoados durante
a entrega de premios de Escola en Camiño.


Foto de familia dos 33 galardoados durante
a entrega de premios de Escola en Camiño.
 / Ricardo Grobas

M.B

“O mundo está cheo de persoas que o manteñen en funcionamento, pero logo hai unha pequenísima porcentaxe que se adica ademais a transformalo, a min gustaríame que o noso alumnado formase parte desa segunda parte ”. 

Cóntanos un dos mestres de Escola en Camiño que a miúdo provoca a súa aula para ir un paso máis alá. E “por que non?”, pregúntase, “ían xurdir artistas do cambio nesta parte do mundo?”

Abofé que ten razón! “Por que non?” Se aquí construíuse o primeiro folleto turístico da historia: o Pórtico da Gloria; se de aquí era o Mestre Mateo, se aquí temos unha catedral e unha cidade Patrimonio da Humanidade; se aquí inventamos as filloas, o cocido, a torta de Santiago; e a Muñeira! 

Se boa parte das estradas europeas actuais inspíranse nas antigas rutas para chegar a ese “Campo de Estrelas” que era Compostela; se en Galicia naceron Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán…Se aquí fixo Sanjurjo Badía o seu submarino e foi aquí onde viu unha das carabelas de Colón contar a nova dun Novo Mundo; que non íamos poder facer?  

Para que todo isto pasase, primeiro houbo alguén que creu en si mesmo e quixo superarse, que amosou que o proceso de aprendizaxe e creación percórrense aos poucos, paso a paso, e mellor en equipo; con esforzo e ganas, un pé tras outro. 

Por todo iso, non se nos ocorre mellor metáfora de ESCOLA e de FUTURO que a que nos conta o noso CAMIÑO. 

690 rapaces e rapazas gozaron
 dunha gran gala para o recordo.

690 rapaces e rapazas gozaron
 dunha gran gala para o recordo. / Ricardo Grobas

“Unha experiencia moi positiva, pero tamén ruidosa, caótica, con moitas risas... camiñando
en equipo chegamos máis lonxe"

Xa non o esquecerán endexamais os centos de mozos e mozas que esta semana gozaron graduándose coma embaixadores do Camiño de Santiago na gala de entrega de premios da II edición de Escola en Camiño, o concurso escolar desenvolto polos xornais FARO DE VIGO e LA OPINIÓN DE A CORUÑA en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia co obxectivo de promover os valores Xacobeos entre os centros escolares autonómicos. 

2.000 traballos presentados, 33 premios e 690 alumnos e alumnas asistentes son as cifras que deixa a gran cita co futuro da xoia da coroa da nosa comunidade, celebrada este martes na Estación Marítima de Vigo e conducida pola xornalista Carla Mañas, entre algunha que outra sorpresa inesperada coma o atraque dun xigante transatlántico que entusiasmou aos presentes.  

Un punto de encontro que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana; o subdirector Xeral de Prensa Ibérica Galicia, Juan Carlos Da Silva; e o xerente e o director de FARO DE VIGO, Pedro Costa e Rogelio Garrido, respectivamente. 

Unha vez máis, volveu ser claro que hai canteira para a peregrinaxe galega e tampouco quedou lugar a dubidas sobre a desbordarte creatividade dos nosos estudantes, cun total de 33 autores galardoados que acudiron a recoller os seus premios acompañados da súa clase ao completo. 

Non merecían menos! Escritos, debuxos, cómics, vídeos de tik - tok, infografías, presentacións, videoclips, collages… Non fallou ningún formato á hora de contar un Camiño “famoso no mundo enteiro”, tal e como sorprendeu nalgunhas aulas da primeira etapa de Primaria: “¿De verdade veñen de tantas partes aos nosos pobos só para coñecernos?”, preguntaban. Elo non! 

O ansiado premio foi unha excursión a Santiago para cada unha das aulas gañadoras.

O ansiado premio foi unha excursión a Santiago para cada unha das aulas gañadoras. / Ricardo Grobas

Unha auténtica Escola do Camiño 

Cada día chegan a Santiago milleiros de peregrinos desde distintos puntos de Galicia, de España e do mundo, unha vía de peregrinación que funde as súas raíces na Idade Media e que xogou un papel chave na construción de Europa, e tamén na historia da Arte de España. 

Declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, o Camiño de Santiago é, malia todo, moito máis que os seus títulos e para entender iso hai que coñecelo ben e sentido tamén preto de nós. 

Ese foi o motivo principal polo que botou a andar Escola en Camiño. Unha proposta a través da que o alumnado galego volve agora darnos unha lección de ollos abertos ao que acontece no mundo, de perspectiva e enfoque, desa mirada curiosa e entusiasta que non deberíamos deixar que se nos escape xamais, de gozar do Camiño en todos os sentidos. 

“Unha experiencia moi positiva, pero tamén ruidosa, caótica, con moitas risas... moi bonita”, en palabras de Montse Ruibal, profesora do Colexio Vigo, que describe un proxecto no que todos aprenderon “que camiñando en equipo chégase sempre máis lonxe”. 

Unha ferramenta educativa que motiva e “esperta a curiosidade do alumnado”, en palabras de Esther García, mestra do CRP Sagrada Familia; que permite traballar de “xeito transversal” comunicando as distintas materias entre en si, tal e como conta Rocío Paraná desde o Colexio Possumus; e que, sobre todo, que conéctanos con todo aquilo que é “noso”, segundo resalta Adolfo García, desde o Colexio Sagrado Corazón de Xesús. 

Un espírito do que todos os que formamos parte de Escola en Camiño sentímonos máis que orgullosos e que, durante a mañá do martes, logrou converter a Estación Marítima de Vigo converteuse nunha auténtica Escola do Camiño na que todos o pasamos en grande: “Xa nos están a preguntar cando volve ser o certame para volver participar”. 

De excursión a Santiago para seguir aprendendo! 

Gañas é, precisamente, o que precisa o noso futuro, ese que se constrúe cada día, pedra a pedra, lousa a lousa, como unha boa catedral, nas escolas galegas. Agora toca celebrar, gozar da preguiza e o “orgullo do traballo ben feito” e seguir aprendendo sobre ese Camiño tan noso e tan de todos. Poderano facer co premio ao seu propio esforzo, pois cada galardón está dotado cunha excursión e visita guiada a Capital de Galicia para toda a clase! De seguro que nesta outra aventura atoparán novas ideas para seguir sorprendéndonos a todos. En Escola en Camiño xa estamos desexando velas. Ata a vindeira edición!

[object Object]

Abraiado quedou o xurado do Certame Escola en Camiño, e tamén moi agradecido pola implicación dos milleiros de participantes que puxeron o seu esforzo e talento nesta segunda edición do concurso escolar. Unha experiencia que vai moito máis alá do resultado para deixarnos lembranzas compartidas que xa non esqueceremos máis; e unha aposta que os docentes souberon implementar de xeito interdisciplinar e transversal desde as distintas materias, pondo en xogo habilidades tan importantes como a creatividade, o traballo en equipo ou a oratoria. “Un ano máis: grazas, grazas e máis grazas a todos! Porque sen vós isto non sería posible. Podemos dar boa conta de que, con vós, ‘o noso’, o de todos, ten futuro!”.