ceip garcía barbón » premio especial

Camiñando coa toponimia, a toda cor

 » O CEIP García Barbón firma un dos Premios Especiais, adicado a súa infografía audiovisual

O subdirector de Prensa Ibérica en Galicia, Juan Carlos da Silva, entrega o Premio Especial.

O subdirector de Prensa Ibérica en Galicia, Juan Carlos da Silva, entrega o Premio Especial. / Ricardo Grobas

C. M.

Combinando varias categorías. Así sorprendeu ao xurado o proxecto da clases de 5º no CEIP García Barbón. Si, é unha infografía, pero non está feita sobre papel: é prácticamente unha reportaxe audiovisual!

O proxecto “Camiñando coa Toponimia” repasa ao longo de varias diapositivas interactivas unha serie de categorías que o alunado traballou na clase e, agora, combina coa idea do Camiño de Santiago: “O noso traballo trata sobre a toponimia que podes atopar durante a peregrinaxe, e tamén traballamos algunhas cancións tradicionais para acompañar a nosa andaina.”

Así explican este proceso os propios participantes. No caso de 5º A dividiron o Camiño Portugués en diferentes categorías: comezamos cos fitónimos (que son os nomes referidos á flora) como as carballeiras, castiñeiras e pereiras, así como os seus respectivos froitos. Despois chegan os hidrotopónimos, é dicir, aqueles nomes que fan referencia a auga. Como non pode ser doutra maneira, Galicia está chea deles, tamén de camiño a Santiago. Seguen os orónimos, relacionados co terreo da zona. Fragas, veigas, covas... que dan paso aos zootopónimos, os favoritos dos rapaces, pois falan dos animais.

A infografía audiovisual do CEIP García Barbón.

A infografía audiovisual do CEIP García Barbón. / Escola en Camiño

Dianas, frechas, mapas interactivos... todo aparece na infografía de 5º B, que comeza cunha imaxe da Catedral, e utiliza as diferentes etapas, tamén do Camiño Portugués, para destacar lugares concretos da súa xeografía e explicar o verdadeiro significado dos seus nomes.

Dous traballos que sen dúbida non teñen nada que envidiar aos proxectos de investigación e documentación dos xornalistas. Unha fantástica labor!