FAG, contra a pobreza e a exclusión social

Fundación de Amigos de Galicia atendeu a máis de 3.200 persoas ao longo deste ano » Delas, 242 casos tiveron carácter de urxencia » Un total de 307 familias pertencen á comarca do Salnés

Unha das campañas levadas a cabo pola ONG, coa colaboración do Concello de Lugo e empresas como Lence.

Unha das campañas levadas a cabo pola ONG, coa colaboración do Concello de Lugo e empresas como Lence. / Cedida

M. González

 A Fundación Amigos de Galicia desenvolve anualmente o “Plan integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social”. Mediante dito programa, a entidade cubra as necesidades básicas das familias en situación de risco ou situación de exclusión social. No ano 2023, ata o mes de novembro, a entidade atendeu un total de 3.249 persoas na Comunidade Autónoma de Galicia, das cales 242 tiveron carácter de urxencia. Da totalidade das familias atendidas, 307 pertencen a comarca do Salnés. 

O total de persoas atendidas nos concellos cos que a Fundación se coordina e mantén un convenio de colaboración ascende a 1.693, as cales se lle realizaron un total de 5.257 atencións. 

Departamento de orientación laboral

 O Servizo de Orientación Laboral da entidade realiza accións encamiñadas á inserción laboral e formación de persoas en idade laboral en Galicia; sendo conscientes de que o aceso ao emprego é a principal ferramenta que teñen as persoas para poder obter recursos cos que ser independentes e poder satisfacer as súas necesidades. 

A entidade atendeu a 14.285 persoas no que vai de ano, insertando a 2.265 delas. Diferentes programas levados a cabo desde o Departamento de Orientación Laboral contan coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade, da Deputación de Pontevedra e Deputación de A Coruña. En 2023, ata o mes de novembro, foron atendidas a través da Axencia de Colocación un total de 7.205 persoas: Itinerarios de inserción laboral, BAE, persoas en situación de asilo e inmigrantes en tramitación de expediente de regulación de emprego -das cales seguen en tramitación de documentación 1.533 persoas-.

Atención a persoas maiores

 Fundación Amigos de Galicia a través do programa “Mellor acompañad@s” impartiu e imparte cursos de dixitalización na Comunidade Autónoma de Galicia. Ao longo do 2022 e 2023, ata o mes novembro, a entidade atendeu a un total de 484 persoas, con actuacións nos concellos de : Barro, Caldas de Reis, Catoira, Meñao, Moraña, O Grove, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Cuntis, Lalín, Cangas, Gondomar, Cededo-Cotobade, Moaña, Silleda, Soutomaior e Tui.

Departamento de psicoloxía

Pola súa banda, o departamento de psicoloxía ofrece os seus servizos a persoas que precisan axuda psicolóxica e que pola súa situación económica ou por atoparse en situación ou risco de exclusión social, non dispoñen dos medios para costear unha consulta privada ou non poden esperar os prazos de tempo para ser atendidos/as por profesionais de atención primaria. 

A entidade conta con atención presencial na oficina sita en Matosinhos nº 2 (Vilagarcía de Arousa). 

Dende a posta en marcha do servizo, o Departamento de Psicoloxía de Fundación Amigos de Galicia atendeu un total de 547 expedientes. No ano 2023, o departamento abriu 101 expedientes dos cales o 29 % pertencen a usuarios/as con residencia na Comarca do Salnés (un total de 29 expedientes). 

Charlas de sensibilización

Dende a entidade tamén levan a cabo proxectos de intervención nos centros educativos da comunidade galega. O persoal da entidade traballou en coordinación cos centros escolares na sensibilización en materias como: 

  • - Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero con mención especial na responsabilidade afectiva entorno ás relacións interpersoais.
  • - Saúde mental na infancia e xuventude centrándonos nas autolesións e na prevención contra o suicidio.
  • - Sensibilización en materia de voluntariado.

Ao longo do ano 2023 realizouse intervención cun total de 1.261 escolares na Comunidade Autónoma de Galicia dos cales un 31% pertencían a Comarca do Salnés. 

Estas accións atópanse enmarcadas dentro do "Plan Integral de Loita Contra a Pobreza e Exclusión Social" que se desenvolve en toda Galicia, coa colaboración da Dirección Xeral de Inclusión da Xunta de Galicia e a aportación voluntaria dos cidadáns e cidadás . A todo isto, tamén hai que sumar as aportacións que fan as empresas, como é o caso de Lence, que xa desde hai moitos anos colaboran coa Fundación Amigos de Galicia e fan posible que ningún neno, nin nena se quede sen agasallo nestas festas.

A través das súas intervencións, a Fundación Amigos de Galicia ten como obxectivo acadar unha sociedade máis inclusiva, máis xusta e solidaria.