Redondela celebra o Nadal por todo o alto

A programación do Concello de Redondela para este Nadal está centrada na cativada

En Chapela, a protagonista será a Alameda de Rosalía de Castro, en Redondela, o Auditorio

La decoración navideña de Redondela en el convento de Vilavella.

La decoración navideña de Redondela en el convento de Vilavella. / Marta G. Brea

A programación do Concello de Redondela para este Nadal está centrada nos máis pequenos da casa, sen esquecer o seu carácter familiar.

Así o sinalaba a concelleira de Cultura, Rita Pérez,falando dunhas festas pensadas para que toda veciñanza poida gozar delas, cun programa de actividades variado que medra cada ano con moita presenza nas parroquias.

Ilumincación en Redondela.

Iluminación en Redondela. / Marta G. Brea

Digna Rivas, a alcaldesa, salienta “novidades como a festa pre fin de ano en Chapela e os obradoiros para a mocidade pensando sempre en dar un paso máis”. A concelleira de Infancia e Persoas Maiores, Pilar Martínez salienta a importancia dunhas festas “solidarias, participativas e descentralizadas”.

¿Queres descubrir o programa de Nadal ao completo? Segue lendo!

O tour de Papá Noel e videochamadas de excepción

E é que esta vez hai grandes novidades nas actividades infantís: a figura tradicional do Apalpador visitará Redondela da man dunha obra de teatro para todos os públicos, o día 23 de decembro, ás 18 horas.

Pola súa banda, Papá Noel recibirá a nenos e nenas nas casas instaladas en Redondela e Chapela, e tamén visitará na súa carroza as demais parroquias do municipio, para que toda a rapazada poida velo. Dende o 17 deste mes e ata o día 24, nenas e nenos poderán visitar a súa casa que, como en anos anteriores, quedará instalada na Alameda Castelao. Os horarios de visita serán de 17 h a 19:30. O día 24 de decembro o horario será de mañá, de 11 h a 14 horas.

Luces de Nadal.

Luces de Nadal. / Marta G. Brea

Tamén se instalará en Chapela, na alameda Rosalía de Castro os días 22 e 23 de decembro no mesmo horario, mentres que dende o día 19 e ata o 22, este particular personaxe achegarase na súa carroza a todos os recunchos do municipio de 16 horas a 20:30 horas.

Se aínda así tes medo a quedar sen falar con el, non te preocupes! E é que, se entras a web nadalenredondela.com, poderás recibir un vídeosáudo de Papá Noel!

Quen falta? As súas maxestades de Oriente!

Para falar con eles, os nenos de Redondela poderán reservar a súa vídeo chamada con Melchor, Gaspar e Baltasar en barafundaanimacion.com, onde só terán que cubrir o formulario, introducir o código REDONDELA e agardar a confirmación da web.

Tamén motivos para a cativada.

Tamén motivos para a cativada. / Marta G. Brea

Actividades para a cativada

O Concello de Redondela prepara múltiples actividades para a rapazada durante as vacacións escolares de Nadal, con obradoiros do 26 de decembro ata o 4 de xaneiro en horario de tarde. Como principal novidade este ano a Concellería de Xuventude inclúe obradoiros dirixidos especialmente á mocidade a partires dos 13 anos. Realizaránse nun novo local habilitado no Multiusos da Xunqueira, o Espazo Redondela Xove. Haberá obradoiros de Defensa Persoal, Origami, Manga, Xadrez e outras sorpresas en horario de 18.00 a 21.00 horas.

Viva o Nadal en Redondela.

Viva o Nadal en Redondela. / Marta G. Brea

E para os fans do cine, temos dúas sopresas! Chega o ciclo Cine en Familia, no multiusos da Xunqueira, onde proxectarán:

  • Minions, el origen de Gru, o martes 26
  • Tadeo Jones 3 y la Tabla Esmeralda, o mércores 3

Haberá tamén teatro infantil: chega, da man de Barafunda Animación, "Ourizo Agarimoso", o día 27 no Auditorio da Xunqueira, onde tamén se celebrará o espectáculo de maxia co Mago Teto: "Pequenas Grandes Maxias", o día 2 de xaneiro.

O Tren Turístico de Nadal percorre as rúas de Redondela

Tras o éxito do pasado ano, o Tren Turístico volverá a formar parte da oferta de Nadal do Concello de Redondela cun roteiro especial durante as festas. Dos días 26 ao 31 de decembro, e desde o día 2 ata o 7 de xaneiro ofreceranse viaxes de balde. En Redondela a saída será desde a praza de Santiago, e en Chapela desde a alameda Rosalía de Castro. O tren, decorado para a ocasión, percorrerá a vila para que grandes e pequenos poidan gozar das vistas iluminadas coa ornamentación de Nadal.

Decoración en Redondela.

Decoración en Redondela. / Marta G. Brea

Festas Pre-Fin de ano

Redondela despide o ano por partida tripla con dúas festas para o público mozo e adulto e outras dúas para nenos e nenas.

Redondela despide o ano: faránse por primeira vez festa Pre Fin de Ano en Chapela na noite do 29 de decembro coa orquestra Olympus no paseo marítimo, e o 30 de decembro con París de Noia no campo da feira de Redondela. Para os máis pequenos celébrase aFesta Infantil de Fin de Ano o 31 de decembro ás 11.00 horas na Praza da Constitución.

Luces de Nadal.

Luces de Nadal. / Marta G. Brea

A Praza da Constitución en Redondela será escenario, o domingo 31 de decembro, da Festa Infantil de Fin de Ano, actividade chea de música, xogos e actividades para que a rapazada poida despedir o 2023. Será en horario de 11 e 13 horas coa Coca Simona. No mesmo horario e a mesma hora será a de Chapela, na alameda Rosalía de Castro. Non faltarán as badaladas e as uvas para dar a benvida, por adiantado, ao 2024.