O Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ao servizo das empresas para o impulso da igualdade

As empresas teñen un papel clave neste eido e son cada vez más conscientes da necesidade de aproveitar o potencial feminino e o seu liderado

Desde a CEG traballan todos os días para apoiar e asesorar ao tecido empresarial galego a acadar organizacións igualitarias

As empresas interesadas en apoio e asesoramento para implementar medidas igualitarias, poden contactar co Gabinete Técnico de Igualdade da CEG.

As empresas interesadas en apoio e asesoramento para implementar medidas igualitarias, poden contactar co Gabinete Técnico de Igualdade da CEG. / CEG

O Gabinete Técnico Igualdade xurde hai un lustro, ao abeiro da colaboración e apoio da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Dende entón, o equipo deste departamento, apoia ao noso tecido produtivo co obxectivo de:

Promover a igualdade laboral e de oportunidades na empresa e contra a brecha salarial.

Explican que “somos conscientes de que, malia os importantes avances na última década, as mulleres seguen tendo que enfrontarse a importantes desafíos, que en boa medida se trasladan e visibilizan no ámbito laboral”.  

Neste sentido, afirman que as empresas teñen un papel clave neste eido e son conscientes cada vez máis da necesidade de aproveitar o potencial feminino, o seu liderado, o seu TALENTO e remover os obstáculos que aínda existen.

Para acadar ese obxectivo, o Gabinete Técnico de Igualdade da CEG, continúa coa labor iniciada hai xa cinco anos, promovendo novas formas de impulsar a igualdade dende o ámbito laboral e levando a cabo distintas tarefas para as empresas que desenvolven a súa actividade en Galicia:  

  • Apoio técnico no fomento da igualdade laboral. 
  • Asesoramento personalizado na elaboración/actualización de Protocolos fronte o acoso no ámbito laboral e Plans de Igualdade (ou medidas alternativas aos mesmos).
  • Dar a coñecer as novidades normativas en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a brecha salarial. 
  • Apoio á cultura de igualdade laboral e de oportunidades e contra a brecha salarial no tecido empresarial.
  • Análise e identificación de boas prácticas en plans de igualdade.
  • Actividades informativas e divulgativas na procura da igualdade laboral e de oportunidades e da redución da fenda salarial de xénero.

En todas as actuacións desenvolvidas, o gabinete técnico ten en conta a perspectiva e xénero e o aliñamento co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 5 da Axenda 2030:

“Lograr a igualdade entre os xéneros e apoderar a todas as mulleres e as nenas”

Iso tradúcese en:

  • Capacitar e favorecer o apoderamento das mulleres.
  • Favorecer a concienciación e sensibilización dos diferentes axentes e do importante papel que poden xogar no proceso dun cambio tan necesario.
  • Proporcionar ás empresas competencias e habilidades, así como ferramentas e instrumentos para a incorporación da perspectiva de xénero no seu ámbito de actuación.
  • Crear espazos de encontro entre diferentes axentes, empresas e organizacións, que permitan o intercambio de coñecementos, ideas e experiencias para a xeración de novas estratexias para o cambio. 

Dende o Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia traballan todos os días para apoiar e asesorar ao tecido empresarial galego a acadar organizacións igualitarias.

Para elo poñen á disposición das empresas unha canle de comunicación sen custo para proporcionar axuda e asesoramento por parte do seu equipo: