Os vikingos desembarcan en Catoira

Regresan o mercado medieval e o Xantar Vikingo » É a 63 edición desta romería

O momento do desembarco na Edición de 2022.

O momento do desembarco na Edición de 2022. / // GUSTAVO SANTOS

Os navíos vikingos izan as velas mentres se achegan a Catoira, nunha Festa declarada de Interese Turístico Internacional. Os que se acheguen á cita poderán disfrutar das tradicionais actividades históricas, teatro, un delicioso xantar e por suposto, o Desembarco Vikingo, preparado para o día 6 ás 12:30h.

As festas comezaron o pasado martes 1 coa presentación da obra de teatro “Un neno Vikingo”, que se repetiu ao longo da semana no recinto das Torres do Oeste.

Entre as novedades desta 63 edición atopamos a Viquinguiña, actividades e actuacións dirixidas aos máis cativos da casa e para toda a familia. Estas están programadas todos os días, con mención especial ao concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona mañá sábado ás 19:30h e rematando o domingo ás 19:00h con Rudi Dudi e o seu espectáculo “Clownamorado”.

O tradicional Desembarco Vikingo terá lugar o domingo ás 12:30h

Tamén haberá música, enmarcada nos concertos de Vikinsons , que inaugura hoxe ás 22h Luar na Lubre con Skáld, e que continúa con actuacións de nivel como as de Bloody Sunrise, Celtas Cortos, Dakidarría ou Lontreira o sábado ás 21.00, ambos días na alameda da praia fluvial de Catoira.

Hoxe, xusto antes da actuación de Luar na Lubre, o músico catoirense Alejandro Guillán (Baiuca) lerá o pregón das Festas na alameda da praia fluvial.

Outro clásico é o mercado medieval que se celebrará sábado e domingo durante todo o día,no recinto das Torres do Oeste.

O sábado, tmaén nas Torres do Oeste, terá lugar o Xantar Vikingo, cun menú composto por empanadas de atún e carne, polbo e churrasco, así como licores, rosca e viño da zona. Para poder saborealo é imprescindible ir caracterizado.

Por último, o domingo, como día grande da romería, abrirá con pasarrúas de grupos folklóricos, dende a alameda ata as Torres, onde se celebrarán unha degustación de mexillóns e viño tinto do Ulla. O esperado Desembarco Vikingo será ás 12.30h no mesmo lugar, e o día pechará con concertos na alameda do Concello.