Mancomunidade do Salnés: a eficiencia dos servizos agrupados
A innovación e a sostenibilidade caracterizan o traballo realizado pola entidade

A formación e o emprego son outros dos servizos básicos polos que aposta a entidade. / Cedida
Moncho González
A Mancomunidade do Salnés créase en 1989 como unha asociación libre de municipios. A súa finalidade última é a prestación compartida de servizos abaratando os custos e mellorando a eficiencia dos nove Concellos do Salnés: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
Esta entidade nace para dar resposta a servizos básicos como é o abastecemento de auga e depuración de residuais. Co paso dos anos foi asumindo gradualmente competencias noutros ámbitos como o social, ambiental, de emprego ou turístico, sempre co obxectivo de garantir e mellorar a prestación dos servizos públicos aos cidadáns da comarca do Salnés. Desta forma, incorpora aos seus servizos un Centro de Información á muller (CIM), unha oficina técnica de control de verteduras, un servizo de loita contra a avespa velutina, a limpeza de carreiros ou o servizo de compostaxe entre outros. Tamén realizou unha gran aposta no ámbito do emprego con obradoiros, plans integrados de emprego, axente de desenvolvemento local e orientadora laboral.
En canto ao sector turístico destacan os seus produtos turísticos vinculados co Camiño de Santiago que discorren pola comarca do Salnés, como son a Variante Espiritual, o roteiro do Padre Sarmiento, Camiño á Orixe ou Navega o camiño. Todos eles baixo a marca “A Orixe de todos os Camiños”.
Aposta pola innovación e a sustentabilidade
Proxectos como un parque fotovoltaico, cunha capacidade de produción de 100Kw/h, instalado sobre o depósito da ETAP da Mancomunidade ou a formación a desempregados en nichos de mercados emerxentes como o sector eólico (enerxías renovables) e capacitación de profesionais das novas tecnoloxías (pilotos de drons), marcan a estratexia de futuro da entidade.
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- El conocido punto de venta de drogas de Vigo que da problemas cada semana
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Ilaix firma por cuatro temporadas
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes
- Muchos trabajadores recibirán 3 años 'extra' de cotización si cumplen este requisito: descubre si tú puedes beneficiarte
Las estancias temporales en DomusVi son descanso y cuidados

