A Lama celebra este domingo a XXI Festa do Codillo

A receita tradicional do prato foi a que se impuxo no certame convocado para elexir a elaboración que se servirá este domingo na XXI edición da cita gastronómica

Asistentes recogiendo su ración de codillo.

Asistentes recogiendo su ración de codillo. / Gustavo Santos

O Concello da Lama celebra este domingo 11 de xuño a XXI Festa do Codillo. O xurado volveu apostar pola preparación tradicional, é dicir, estofada e con guarnición de patacas asadas, chícharos e cenoiras.

Aquelas persoas que estean interesadas en participar no xantar aínda están a tempo de adquirir os tickets no mesmo día no lugar da festa, é dicir, na Alameda da Lama.

A preparación elixida polo xurado foi a que tradicionalmente ten mellor acollida entre o público, o Codillo Estofado, que nesta ocasión rivalizou en sabor co preparado en salsa de curri, con arroz, froitos secos e cabaza; e a terceira, con salsa de piquillo, montado de verduras e puré de pataca.

Degustación do codillo na edición de 2022.

Degustación do codillo na edición de 2022. / FDV

Estas tres modalidades foron preparadas pola cociñeira de Cátering Arelas, de Vincios (Gondomar), Rosa María Fragueiro, encargada de servir os pratos durante a xornada gastronómica que se celebrará o día grande da festa gastronómica.

A apertura da caseta de servizo de racións do codillo será ás 13:00 horas co fin de axilizar ao máximo a súa repartición e evitar aglomeracións innecesarias. Manteráse aberto ata esgotar existencias e servirase ata as 15 horas.

O prezo por ración será de 12 euros e inclúe, ademais do codillo estofado, pan cubertos e un prato de barro conmemorativo do evento que os comensais poderán levar como recordo, así como a bebida.

La banda de música amenizó la fiesta en A Lama.

La banda de música amenizó la fiesta en A Lama. / FDV

O evento contará coa animación musical da banda de gaitas Os Catro Ventos, a charanga Os Ecerellados e a Banda de Música Municipal de A Lama, que ofrecerá un concerto ás 20 horas na propia Alameda.

Tamén haberá diversos postos que ofrecerán outras opcións gastronómicas como o polbo ou churrasco, así como postres caseiros. Tampouco faltarán os postos relacionados con produtores artesanais que poñerán á venda os seus produtos da horta, bisutería, etc.