xxvii festa da carne ao caldeiro e bola con torresmos

Domingo gastronómico na Gouxa

A parroquia de Dozón acolle este domingo, a partir das 12.30 horas unha 27 edición da Festa da Carne ao Caldeiro e Bola con Torresmos

O alcalde de Dozón e outras autoridades na degustación do ano pasado.

O alcalde de Dozón e outras autoridades na degustación do ano pasado. / BERNABE/JAVIER LALIN

M. González

O Recinto Ferial de A Gouxa, na parroquia de Bidueiros, en Dozón, acolle esta fin de semana a celebración da súa tradicional Festa da Carne ó Caldeiro e Bola con Torresmos. Trátase dunha das citas gastronómicas máis senlleiras da comarca, e desta volta están preparados 300 kilos de torresmos que se poñeran a disposición dos asistentes gratuitamente. Será o domingo, a partir das 12.30 horas.

Como cada primeiro domingo do mes de xuño, A Gouxa convertirase nun fervedoiro de xente con gañas de desfrutar dunha xornada festiva e saborear un dos manxares máis apreciados da nosa gastronomía, a carne ao caldeiro, preparada seguindo a receita que tradicionalmente se consumía nas ferias e romarías. O evento, como non podía ser doutro xeito, contará con animación musical, que desta volta correrá a cargo da Charanga Os Ardores.

a organización repartirá un total de 300 kilos de torresmos durante a degustación

A Gouxa, enclave tradicional no marco das Feiras en Galicia, mantén viva esta tradición que ven dende o ano 1994, cando xurdíu a festa, unha celebración relacionada en sí mesma coa existencia secular da Feira da Gouxa. Dende o seu nacemento, destaca pola degustación gratuíta no Recinto Feiral, onde se ofrece a famosa bola con torresmos e chourizos, unha degustación na que os asistentes poden coñecer de primeira man a elaboración do tradicional prato.

A organización disporá de 300 kilos de torresmos.

A organización disporá de 300 kilos de torresmos. / BERNABE/JAVIER LALIN

Ano tras ano, coa excepción das suspensións motivadas pola pandemia do coronavirus, a afluencia de xente é notable, o que supón a difusión desta tradición por toda a xeografía galega, podendo coñecer os pendellos e a vida existente nesta pequena aldea, destacando a afluencia de xente neste día, que unha vez rematada a degustación dos torresmos, desfrutan da Carne ó Caldeiro nos pendellos reformados.