compostaxe

Poio, referente na xestión de biorresiduos

As iniciativas do Concello continuan consolidando o correcto tratamento de restos e o crecemento do compostaxe a todos os niveis

O empréstamo gratuíto de biotrituradoras para a veciñanza é a última das iniciativas impulsadas polo Concello,

O empréstamo gratuíto de biotrituradoras para a veciñanza é a última das iniciativas impulsadas polo Concello, / Concello de Poio

Nestes tempos, todos buscamos modos de aforro que, ademais, estean en consonancia co pensamento ecolóxico.

O Concello de Poio é pioneiro nestas prácticas, a través do departamento de Obras e Servizos Municipais, onde vén amosando un forte compromiso coa compostaxe e o tratamento de biorresiduos. Esta área, dirixida polo socialista Julio Casás Barral, acaba de impulsar un servicio pioneiro na bisbarra: o empréstamo gratuíto de biotrituradoras, a través de fondos europeos otorgados pola Xunta de Galicia.

Modo de préstamo

Trátase de dez unidades adquiridas polo Concello, que xa están dispoñibles para a veciñanza empadronada na vila, que pode solicitalas nos números 986 770 001 ou 604 025 288.

Cada solicitante poderá dispoñer da maquinaria durante tres días e, con ela, triturar os restos leñosos das podas domiciliarias, coma as ramas das árbores froiteiras, viñedos, restos de xardinería ou árbores ornamentais.

Se estas empadronado en Poio podes solicitar unha biotrituradora chamando ao 986 770 001 ou ao 604 025 288

Non se inclúen, pola contra, os elementos verdes non leñosos, coma herbas, flores e follas, plantas arrincadas ou cepellóns, e tampouco entran as madeiras de mobles ou materiais duros como poden ser ferros ou pedras.

Coa entrega da biotrituradora inclúese unha guía de uso e os dereitos e obrigas a cumplir por parte dos solicitantes e da Administración.

"Dende o 13 de marzo temos lista de agarda, o que demostra o interese e o alto grao de compromiso e concienciación que existe entre a nosa cidadanía no que ao tratamento de restos se refire", salienta Julio Casás.

En Poio, todos os centros educativos contan con composteiros, que son utilizados polo alumnado para a realización de compost.

En Poio, todos os centros educativos contan con composteiros, que son utilizados polo alumnado para a realización de compost. / Concello de Poio

A iniciativa pretende evitar o risco de incendios e contaminación ambiental, reducindo ao máximo as queimas e sacando do circuito de recollida do lixo esta fracción vexetal. Ademais,elabórase triturado para acolchar solos, creando como estruturante o material natural que se utiliza para mesturar cos restos orgánicos.

Esta iniciativa da Concellería de Obras e Servizos Municipais súmase a outras prestacións xa plenamente consolidadas neste ámbito, como o Punto Limpo Móbil ou a recollida de voluminosos a domicilio.

Cada solicitante poderá dispor da maquinaria durante tres días para triturar restos leñosos procedentes de podas domiciliarias.

Cada solicitante poderá dispor da maquinaria durante tres días para triturar restos leñosos procedentes de podas domiciliarias. / Concello de Poio

A compostaxe, en alza

“Non hai máis que comprobar as cifras relacionadas con este apartado para confirmar que a súa implantación resultou todo un acerto e é un servizo que a veciñanza valora e agradece”, explica o socialista Julio Casás sobre o éxito da compostaxe en Poio.

Unha proba son as máis de 80 toneladas de restos tratados nos Centros Composteiros Comunitarios (CCC) habilitados na Parroquia de San Salvador só no ano 2022.

A día de hoxe Poio conta con estes composteiros nas inmediacións do parque Rosalía de Castro Castro (onde xa foi ampliado, dada a alta demanda), Rúa Valiña, Rúa Río Miño e Ánkar.

O Concello de Poio vén de amosar un compromiso inquebrantable coa compostaxe e no tratamento de biorresiduos.

O Concello de Poio vén de amosar un compromiso inquebrantable coa compostaxe e no tratamento de biorresiduos. / Concello de Poio

Está previsto que en vindeiras datas tamén empece a funcionar un novo punto de compostaxe nas proximidades do Casal de Ferreirós. “A medio prazo estes ‘CCC’ tamén se estenderán a núcleos urbanos doutras parroquias”, afirma o concelleiro de Obras e Servizos Municipais.

Por outra banda, son preto de 900 as vivendas de Poio que na actualidade xa contan tamén con composteiros individuais. Foron in crescendo dende que se adquiriron por primeira vez no ano 2011, e para os novos usuarios ou aqueles interesados, os mércores polas tardes realízanse entregas na Reiboa, nas que tamén se imparten charlas explicativas.

“É importante que as crianzas teñan clara a importancia de preservar o medio ambiente e que se convertan en transmisores destes valores no seo familiar”, apunta o concelleiro de Obras e Servizos Municipais

“É importante que as crianzas teñan clara a importancia de preservar o medio ambiente e que se convertan en transmisores destes valores no seo familiar”, apunta o concelleiro de Obras e Servizos Municipais / Concello de Poio

O papel das novas xeracións de Poio

Julio Casás tamén incide na importancia de poñer o foco sobre o tratamento de biorresiduos e da compostaxe nas novas xeracións.

En Poio, todos os centros educativos contan con composteiros que son utilizados polo alumnado para a realización de compost. “É importante que as crianzas teñan clara a importancia de preservar o medio ambiente e que se convertan en transmisores destes valores no seo familiar”, apunta o concelleiro de Obras e Servizos Municipais.

O edil do PSdeG-PSOE tamén incide noutros beneficios, como a redución de residuos que se envía á planta de Sogama e que redunda nunha baixada dos custes.