Navidad Pontevedra

Tempo de ilusión, tempo de Nadal

O Poboado de Nadal, a feira de artesanía e a animación de rúa, principais atractivos das festas na Boa Vila

O Poboado de Nadal estará aberto ao público ata o 7 de xaneiro.

O Poboado de Nadal estará aberto ao público ata o 7 de xaneiro. / RAFA VAZQUEZ

M. G.

Nadal, con maiúsculas. Atrás quedan dous anos marcados pola pandemia que impediron a grandes e pequenos gozar destas datas como máis nos gusta, rodeados de amigos e familiares, e gozando das múltiples alternativas de lecer que nos ofrecen os distintos Concellos a través das súas programacións. 

No caso de Pontevedra, a cidade daba o pistoletazo de saída o pasado venres 16 de decembro, co ansiado aceso da iluminación de Nadal. Múltiples propostas promovidas desde a concellería de Festas encherán de vida as rúas e prazas da Boa Vila ata máis alá de Reis.

Poboado de Nadal

Un dos principais atractivos está a ser o Poboado de Nadal, aberto ao público dende o pasado venres 16 de decembro e ata o día 7 de xaneiro. Instalado na Praza da Ferraría, será a porta de entrada a un mundo máxico cheo de motivos decorativos, un esceario ideal para inmortalizar estas festas en imaxes que quedarán para o recordo.

Ambiente na Praza de España no aceso da iluminación.

Ambiente na Praza de España no aceso da iluminación. / RAFA VAZQUEZ

Animación de rúa

O barullo en rúas e prazas da Boa Vila encherá de vida cada xornada nestas festas.Ducias de obradoiros, música, pasarrúas, e moitas sorpresas farán as delicias de nenos e maiores ata o vindeiro 4 de xaneiro. Tamén haberá lugar para os agardados Cantos de Reis, cun percorrido polas diferentes prazas de Pontevedra.

Pontenadal

A Praza do Concello acolle, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.30 horas o XX Pontenadal, a feira de artesanía e agasallos promovida, neste caso, pola agrupación Zona Monumental. Trátase dun mercado que acada xa vinte anos de vida. Unha oportunidade única para dar con orixinais agasallos para estas datas. O 25 de decembro e 1 de xaneiro pechará por descanso, mentres que na xornada de hoxe e mais o 31 de decembro pechará unha hora antes. 

Cabalgata de Reis

Sen dúbida, un dos momentos máis agardados pola cativada será a Cabalgata de Reis, o gran evento do Nadal que recupera a normalidade, e mesmo ampliará o seu percorrido, partindo desde a Avenida de Lugo, seguindo cara a Loureiro Crespo e atravesará Benito Corbal, a Praza dá Peregrina, Michelena, a Praza do Concello, para rematar na Alameda.