Fundada en 1962, o grupo empresarial Canteras ARE conta con explotacións na comarca de Deza e Terras de Melide. Referente de calidade e servizo no sector dos áridos. 

Canteiras do Arenal comezou a súa andaina no sector dos áridos no ano 1962, da man de Eugenio Batán e Amado Enríquez, coa explotación denominada Arenal, no lugar de Pena, pertencente ao Concello de Lalín, para a extracción de pedra granítica, ante a ascendente demanda deste mineral, á vez que aumentaba a demografía na zona. Por aquel entón contábase coa axuda de 5 empregados e como medios técnicos dispoñían dunha machacadora de alimentación manual, perforadoras de man e un sistema de vagonetas sobre raíles para o traslado do material. Os camións cargábase a man. Ano a ano, foise ampliando o persoal e os medios técnicos.

En 1971 inicia os seus traballos de explotación na canteira do Carrio. Durante 3 anos, ata 1974, rexistrase unha maior evolución técnica, consecuencia do gran volume de traballo que supón o plan de mellora de vías de comunicación entre Galicia e a Península.

En 1974 intégrase na sociedade Román Pedreira, empresario da zona ligado ao sector do transporte, e constitúese como sociedade limitada, pasando a denominarse Canteiras de Arenal, SL, chegando a adquirir unha gran cantidade de vehículos para facer fronte á crecente demanda de material.

Co tempo continúase co proceso de expansión, chegando en 1983 a montar unha planta de formigón, que por aquel entón abastecía ademais da Comarca de Deza, as áreas de Chantada, Monterroso, Ourense, A Estrada e Puente Ulla.

A década dos oitenta foi unha etapa complicada polo aumento da competencia e a recesión económica, pero esto contribuíu á procura de novas alternativas, e en 1986 abren outro centro de traballo en Melide, canteira que foi desde os seus inicios un referente de calidade en áridos para aglomerados e formigóns, sendo na actualidade unha das cinco canteiras de Galicia homologadas por ADIF, para a subministración de balasto nas vías do AVE. Esta canteira pasou en 1992 a formar a sociedade Canteiras de Richinol, SL baixo a mesma dirección.