Unha sociedade mariñeira como a moañesa precisa adicar un mes enteiro ao mar. Así, coma en edicións anteriores, Días de Mar chega ás costas deste concello do Morrazo con ventiún días cheos de actividades, sen esquecer unha homenaxe a Domingo Villar. Un programa adicado a diferentes campos para todos os gustos, que se levará a cabo entre o luns 1 e o domingo 21 de agosto.

Destacan a Feira Moaña Mariñeira, o IV Festival de Jazz, a Festa de Bronlle, a Travesía a Nado do Fisgón, a Feira do Mel, e unha exposición fotográfica en homenaxe ao escritor vigués.

Moaña Son de Mar

"Soñaba coa liberdade total, con non depender de ninguén: nin das persoas, nin da sociedade, nin do consumo, nin dun traballo... Procurei unha vida alternativa ao capitalismo, apegada á natureza. Quería ser una hippy. Agora sei que os hippys máis auténticos que coñecín nunca son meus pais."

Unha Moaña mariñeira chea de música e que "colle o último barco" en homenaxe a Domingo Villar

Con estes versos de Santiago Cortegoso preséntase o cartel de Días de Mar, que inclúe unha programación enmarcada neste espírito mariñeiro de aventura e introspección. Verbas que podería firmar Guadi Galego, a artista prato forte das actuacións musicais desta programación cultural, que o sábado día 6 ás 22 horas enche de "Costuras" o Paseo Marítimo.

Pero o programa completo de Días de Mar está inzado de actividades. O luns día 1 terá lugar a presentación do libro "Palmeiras Piueiros", de Anxo Angueira, e ao día seguinte, continuando na estela da literatura, inauguraráse a exposición fotográfica "Moaña colle o último barco" en homenaxe a Domingo Villar, organizada pola Asociación Olladas e que estará aberta ao público ata o domingo 7.

Esta primeira fin de semana de agosto comezará o venres 5, coa XVII Xuntanza de embarcacións Tradicionais que se celebrará durante eses tres días.

Presentación de Días de Mar 2022 GONZALO NUÑEZ

Festa popular de Bronlle

Comida e música protagonizan esta romaría na Carballeira de Bronlle, en Meira. Polbo, ovos fritidos con pan de millo, postos de artesanía, baile e actuacións musicais: así será a Festa popular de Bronlle, prevista para o día 15 de agosto e cuxos postos abrirán ao público a partir das 11.00 da mañá.

Ás 12.30 haberá un obradoiro de zumba para todas as idades; seguido de Cantos de Taberna de Meiramar-Axóuxeres, que darán paso ao xantar ás 14.30.

Estas semanas tamén estarán marcadas polo deporte: a primeira hora da mañá haberá dúas propostas deportivas. Ás 9.30, rutas en mountain bike polos montes de Meira, e ás 10 sendeirismo polo río do Barranco do Faro. 

Na terceira e última semana de Días de Mar celebrarase o Festival de Habaneras, o xoves 18 no Palco da Música; o espectáculo Mitic, o venres 19 no Paseo Marítimo e o concerto Reencontros, o sábado 20.

Feira do Mel

Os xardíns do Concello acollerán o domingo 21 e agosto, o último día das festas, a IV Feira do Mel de Moaña, que funcionará de broche de oro. Pola mañá haberá un Obradoiro infantil con pinta caras co que aprender sobre a reciclaxe, a cargo de Cousas de Abellas, seguido da comedia Afhipina e Modesta, tamén programada para a tarde.

Unha hora para apuntar é sen dúbida as 18h, co Concurso-Degustación de Mel, das expositoras da feira. Tanto ás 14 horas coma ás 20.15 horas faráse un sorteo dos productos da mostra.