A Asociación de Comerciantes Zona Aberta ten como obxectivo contribuir á implantación, desenvolvemento e xestión do centro comercial aberto. E por conseguinte, o desenvolvemento do sector comercial de Vilagarcía de Arousa.

Tras dous anos de pandemia, Zona Aberta enfróntase a novos retos neste ano 2022. E para superalos, busca conseguir un maior grado de asociacionismo e corporativismo por parte dos establecementos que se encontran ubicados no ámbito do Centro Comercial Aberto: "xuntos somos máis fortes".

Por iso, ó longo deste ano e especialmente nos últimos meses, leváronse a cabo unha serie de campañas promocionais e de animación comercial, algunhas delas acompañadas con accións destinadas a conseguir, tamén, a fidelización do cliente.

De compras na rúa: o mercado de Zona Aberta

En forma de mostra e exposición no eixe comercial que conecta as principais rúas de Vilagarcía, o pasado mes de marzo Zona Aberta xuntou a unha serie de pequenas tendas (das agora chamadas "de proximidade") dunha gran variedade de sectores, completándose con 24 comercios.

O fin desta mostra era que clientes e visitantes do ámbito comarcal e provincial coñeceran e disfrutaran dun día de actividade do máis completo espazo comercial con que conta a nosa Vilagarcía, un comercio xeracional, tradicional, moderno e innovador, que se caracteriza polos seguintes atributos: calidade e variedade nos produtos, profesionalidade e trato personalizado.

Ademáis, os clientes que se pasaron pola exposición tamén poideron participar na ruleta de Zona Aberta e gañar premios como fidelización polas súas compras.

Entrega do premio da campaña de fidelización do día da nai C. C. Zona Aberta

Campaña do pai de da nai

Un bo exemplo foron as campañas para os días da nai e do pai. A través de sorteos, todos os clientes que fixeran algunha compra no mercado de rúa de Zona Aberta podían conseguir vales de compra con valor de 500 euros, presentando únicamente o ticket da súa transacción. No sorteo do díado pai, o afortunado foi Darío Blanco, grazas ás súas compras feitas no comercio Moto Bazar; e no sorteo do día da nai, a gañadora dos vales foi Melissa Ferreirós Torrado, tras mercar na Pajarería Rodry.