Por unha Ulloa Viva organiza unha ruta polo monte de Basadre

REDACCIÓN

A plataforma Por unha Ulloa Viva organiza mañá unha ruta polo monte de Basadre e Costa de Batán, para coñecer as especies de flora que están afectadas polo proxecto industrial de Altri, dado que varias destas fincas de Ramil formarán parte do complexo da futura fábrica. As persoas interesadas poden anotarse mediante unha chamada ou unha mensaxe de whats app no número de teléfono 628 674 419. A saída será ás 10.00 horas, xunto á igrexa de Basadre.

TEMAS